Nouvelle Vague: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Atención}}
 
 
'''Nouvelle vague''' (''Nova Onda'') é o nome co que se coñece a un grupo de cineastas franceses que, durante a década dos sesenta, realizan filmes baixo unha serie de principios ou metas estéticas comúns. Por este motivo, é posible consideralo coma un movemento cinematográfico. Este grupo de cineastas, influenciados polo existencialismo francés de Sartre e de Camus, pon en cuestión as estruturas narrativas tradicionais e plantexa a aplicación de novas ténicas de experimentación.
Esta demoninación aparece por vez primeira con [[Françoise Giroud]], [[xornalista]], [[guionista]], [[escritor|escritora]] e [[ministro|ministra]] do [[Goberno francés]], en [[1957]], na revista ''L’Express'' en referencia á nova forma de rodar dos novos cineastas franceses. Asemade, a cohesión deste grupo viña exercida pola revista de crítica de cine, ''Cahiers du Cinéma'', fundada en 1951 por [[André Bazin]], posto que a grande parte dos directores serían coñecidos, previamente, como críticos nesta revista. Serían, por tanto, en primeiro lugar, impulsores teóricos dunha perspectiva vangardista e crítica coas producións tradicionais e comerciais e, nun segundo momento, realizadores prácticos desa teoría.