Lago Constanza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Arranxos ortograficos
Manudosde (conversa | contribucións)
Liña 7:
 
==Xeografía==
SituaseSitúase na fronteira de [[Alemaña]] ao norte, de [[Austria]] ao leste e de [[Suíza]] ao sur, destacando ademais o [[enclave]] da cidade alemá de [[Constanza - Konstanz|Constanza]] na marxe suíza. O Lago baña aosos ''[[Estados de Alemaña|Länder]]'' alemáns de [[Baden-Württemberg]] e de [[Baviera]], e os [[Cantóns da Suíza|cantóns suízos]] de [[Turgovia]] e [[Cantón de San Galo|San Galo]].
 
A súa [[área]] é de 536 [[km²]], calculada de novo en [[2004]], xa que o valor tradicional era de 571 km² e correspondía co nivel hidrolóxico máximo e non co seu nivel medio. O lago está situado 395 m por riba do nivel do mar e é o terceiro maior lago da [[Europa]] Central, despois do [[Lago Balaton]] e do [[Lago Léman|Léman]]. A súa maior profundidade é de 252 m, no medio da súa parte oriental (''Obersee''). O seu volume é de aproximadamente 55 [[m³|km³]].