Diferenzas entre revisións de «Conversa usuario:Calrosfking»

Centros de ensino
(outro borrado)
(Centros de ensino)
Ola Calros. Borrei o artigo [[mina]], de [[usuario:Caminoase]], por ser unha tradución literal do artigo '''Minería''' da ''Enciclopedia Encarta''. Explícalles, por favor, as limitacións que a wikipedia impón sobre o respecto ós dereitos das fontes consultadas para evitarmos estes borrados que han resultarlles moi frustrantes. Saúdos, Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 13:54, 10 maio 2009 (UTC)
* Ola outra vez. De novo tiven que borrar un artigo doutro alumno teu, Sof4b, por ser tradución literal da web http://www.cerac.org.ar/articulostecnicos/hidrogeno--una-fuerza-inagotable-97.htm. Sinto da-la impresión de andar de policía pero... éche o que hai. Saúdos e paciencia. Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 21:14, 15 maio 2009 (UTC)
 
==Centros de ensino==
Ola, Calros. Despois de falalo algúns administradores, pensamos que sería moi interesante facer unha norma sobre os centros de ensino. O teu exemplo é bárbaro, e fas as cousas realmente ben, pero non todos os grupos de ensino funcionan da mesma maneira. Esa proposta de norma está en proceso de consenso. Por que non a visitas e fas todas as correccións que cumpran? Ninguén mellor que ti para facer melloras sobre o texto. Está aquí: [[Wikipedia:Centros de ensino]]. Un saúdo --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] <sup>[[Conversa Usuario:Xabier Cid| Conversa ]]</sup> 11:53, 8 xuño 2009 (UTC)