Fronte Polisario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: zh:波利萨里奥阵线
desambiguación
Liña 1:
[[Ficheiro:Frente_polisario.png|thumb|Bandeira da Fronte Polisaria.]]
[[Ficheiro:Sahara.jpg|thumb|300px|right|deserto do [[Sáhara]].]]
O '''Polisario''' ou a '''Fronte Polisario''' (en [[idioma árabe|árabe]], جبهة البوليزاريو), forma abreviada de ''Fronte '''Po'''pular de '''Li'''beración de [[Saguia el Hamra|'''Sa'''guía el Hamra]] e [[Río de Ouro|'''Rí'''o de '''O'''ro]]'' (Wādī ad-Dahab) é un movemento político e militar do [[Sáhara Occidental]].
 
O Polisario é o sucesor da [[Organización Avanzada para a Liberación de Saguia el Hamra e Río de Oro]] dos anos [[1960]], dirixido por [[Mohamed Bassir]], asasinado polo exército [[España|español]] durante a ditadura de [[Francisco Franco]].
 
Un grupo de estudantes, liderados por [[El-Uali Mustafa Sayyid]], conforma o Polisario o [[10 de maio]] de [[1973]] co propósito de atinxir a independencia do territorio mediante a loita armada, primeiro do dominio [[España|español]] e despois do [[Marrocos|marroquí]] e [[Mauritania|mauritano]]. O [[20 de maio|día 20]] inician os primeiros enfrontamentos armados co ataque, por un grupo de sete guerrilleiros, ao posto de policía de Janguet Quesat, neste ataque como noutros os combates baséanse nunha estratexia de guerra de guerrillas, a primeira organizada nun deserto. Nun primeiro momento a maioría dos militantes do Polisario residen fóra do territorio e as accións armada serven para darse a coñecer no interior, o que se une o reparto de propaganda nas cidades saharauís.
 
O [[30 de setembro]] de 1973 nun ataque a unha patrulla de policías nativos a camelo, preto da fronteira de Mauritania, prodúcese a primeira morte por unha acción do Polisario, a do cabo xefe ao negarse a entregarse. En [[1974]] aumentaron as accións armadas do Polisario e as autoridades españolas vense obrigadas a realizar a coñecida como ''Operación Barrido'' para loitar contra o Polisario na zona de Echdeiría, pero non consegue os seus obxectivos de eliminar aos grupos guerrilleiros e o [[26 de outubro]] o Polisario sabotea unha cinta transportadora de [[fosfato]] preto do Aaiún, o que supón que o transporte do mineral quede paralizado varias semanas. O [[18 de novembro]] prodúcese o enfrontamento máis grave ata entón entre o Polisario e as forzas españolas, morren 2 persoas polas forzas polisarias e 6 polas españolas.<br>
 
Internacionalmente, o Polisario consegue o apoio dos gobernos de [[Alxeria]] e [[Libia]], país dende o que fai programas de radio destinados ao Sahara dende 1974. O [[11 de marzo]] de 1975, nun cambio de estratexia, o Polisario secuestra a un empresario canario e en maio os membros saharauís de dúas patrullas españolas revíranse contra os seus xefes e fan 15 prisioneiros que levan cara Tinduf, ademais de vehículos e armamento e obriga o goberno español a negociar co Polisario. O último ataque do Polisario ás forzas españolas ten lugar o [[14 de xuño]] de 1975 cando ocupa, durante unhas horas, o posto de Guelta co apoio de parte da Policía Territorial. <br>
 
Entre o 14 e o 19 de xuño e o 3 e o 10 de xullo de 1975 realízanse negociacións en Alxer entre o goberno español e o Polisario, que leva ás autoridades españolas a recoñecer ao Polisario como "forza nacional fundamental, non exclusiva, do Sáhara", e o Polisario aumenta a súa influencia no interior do Sáhara entre os saharauís moderados, que vén nel unha saída pacífica e controlada cara a independencia. tras a xuntanza o PUNS e o Polisario do [[12 de outubro]] a maioría dos membros do PUNS incorporáronse ao Polisario. O [[22 de outubro]] entrevístanse o gobernador do Sáhara e o secretario Xeral do Polisario, tras o anuncio o día [[16 de outubro|16]] por parte de [[Hassan II]] da [[Marcha Verde]]. Pero o goberno español, ao tempo, comezara as negociacións co marroquino para frear a Marcha Verde.
 
Tras os acordos de Madrid do [[14 de novembro]] de 1975 polos que España cedeu o Sáhara Occidental a Marrocos e Mauritania, a guerrilla continúa combatendo aos países veciños que se repartiron o territorio, logrando o [[5 de agosto]] de [[1979]] que [[Mauritania]] cedese a súa parte do Sáhara Occidental ao Polisario, pero isto non é recoñecido por [[Marrocos]], que se anexiona esa zona.
 
Dende 1975, a organización ten o seu centro de operacións en [[Tinduf]], territorio [[Alxeria|alxeriano]], e mantén un amplo apoio no interior do Sáhara español e entre os estudantes saharauís nas [[Canarias]] e [[Madrid]]. O mesmo ano as [[Nacións Unidas]] recoñecen o movemento. En febreiro de [[1976]] oa Polisario proclama a '''[[República Árabe Saharauí Democrática]] (RASD)''' cun goberno no exilio. A RASD é membro da [[Unión Africana]]. Foi recoñecida como estado por 66 países, a maioría africanos ou latinoamericanos. Outros moitos estados non recoñecen ao Sáhara Occidental pero si o Polisario como representante do pobo saharauí.
 
Os combates seguen durante 1976 e 1977, época durante a que a FP conta cuns 10.000 homes armados, atacando as localidades nas que se estableceran os marroquís e mauritanos e as instalacións de Fosbucrá, pero tamén o sur de Marrocos. Marrocos perdeu neses anos 20 avións e helicópteros, 600 vehículos e perdeu uns 4.200 homes, mentres Mauritania perdía 1.600 homes, segundo datos do Polisario. ata o [[6 de setembro]] de [[1991]], día en que se acorda un alto o [[fogo]] trala creación dos [[Muro marroquí|muros marroquís]].