Río Sarria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m proba
m proba
Liña 181:
==O verdadeiro nome do río==
E xa parece chegado o tempo de poñer as cousas no seu xusto lugar, por se ainda hai algún despistado que non o saiba.
 
O río Sárria foi quen deu nome á comarca que el rega e á vila que é a sua cabeceira.
 
O Río Sárria ten documentado o seu nome dende hai máis de 1.4OO anos.
 
A vila de Sárria leva este nome dende hai 8OO.
 
A antigüidade da denominación, presente ó longo de todo o seu percorrido, non precisaba, nen segue a precisar de baptistas voluntarios que deturpando o nome orixinal, pretendan sustituilo por outro ,sen ningunha razón.
 
E o propósito deste pequeno traballo, que ampliaremos cando teñamos vagar, non é outro que desenmascarar dunha vez por todas a ignorancia, a inquina gratuíta e a estulticia de quererlle dar un nome absurdo a quen xa ten nome consagrado ,como din os leguleios "dende tempo inmemorial".
 
E por se algún listo de turno poidera poñer en dúbida canto se dí, relacionamos agora unha chea de documentos onde reis, abades, condes, xeógrafos, historiadores, estudosos ,etc. amosan cal é o nome propio deste río . Supoño que para esta viaxe non habería que aparellar grande albarda, mais á vista de que algúns non se dan por enteirados, aló vai este relatorio, coa promesa de que, sempre que vexamos como a burremia con título, ou a comodidade da copia non meditada , levan a usar a forma deturpadora, imos denunciar a suplantación e esixir as responsabilidades "morales" que ó caso veñan.
 
Un xa está canso de ver campar a alleos en cousas que son da nosa propia casa.Se no Tumbo de Samos, nas cartas xeográficas dos pasados séculos, nos mellores dicionarios xeográficos dos séculos XIX e XX, nas obras de viaxeiros de tódolos tempos, nos dicionarios e enciclopedias , o nome do río Sárria é unha constante, avalada ,como dixemos por xeógrafos, estudiosos de Galicia , da provincia de Lugo e da comrca de Sárria , ¿ cómo se pode tencionar manter un nome impropio ?.
 
Un non comprende que dende instancias oficiais teñan tomado a teima de manter a irracionalidade, e que se vexa que mentres uns organismos seguen a usar a denominación histórica, outras convirtan unha montaña en corrente fluvial. Por iso, para alumar un pouco , se iso é posible, a aqueles que converten en río un "cacumen montis", ve a luz este traballo .
 
Non fundamento este traballo en suposicións gartuítas, nen xiquer en fabulacións,pois eu remítome a autoridades e documentos, e prometo, xa dende agora, que este traballiño vai ser correxido e aumentado, con moitas máis citas das que agora van , para que aqueles que copian do copista que copiou de quen tamén copiou doutro que estaba tan trabucado coma eles, e así ademitan o erro, e corrixan , que iso é o que corresponde cando o criterio de homes asisados se lle pon por diante ós ousados.
 
Articulo basado nas investigacions de Xaime Felix Lopez Árias ( Historiador do concello de Sarria )
Liña 201 ⟶ 210:
 
O CONDADO SARRIENSE.- O cuarto condado é o de Sárria e vai por Pena Maior, Pando, Monte Narón, Meizarán, ó Cebreiro, Padorne¬lo, Pena Cabalar , á Fonte do Búmua , ( e corre por este río ata a Ponte de Vilafranca ), e todo o de Valcarce é da Diócese de Lugo, ata que entra no Sil, e ven a Pena Aguiar ,ata o Monte das Xestas.
 
..........................
O CONDADO PARAMENSE: O quinto Condado é Páramo, e ten dende onde entra o Sárria no Neira, Pena Aguiar, Castro Pedroso, Monte Masidi, Froián , Montes Moroso e Agudo, ata Queiroga. Pola outra parte vai por Salvadur, Castro de Chavaga, Pedroso, Baamorto, Pena Aguda, Castro da Guítara, ata o río Sil , na Barca de Pombeiro .
Ano 572.- CONCILIO DE LUGO.- NO REINADO DE TEODOMIRO II.
Liña 215 ⟶ 224:
====Tramo Triacastela - San Cristobo do Real - Renche - San Martiño ====
 
:1).- 27 DE XUÑO DO 1002.- PEXITO E ESPASANDO.- .... MONASTERIO SAMANOS. SECUS FLUVIUM SARRIE, SUBTUS MONTE ERIBIO... PER TERMINUM DE RIO DE SARRIA.(SAN BREIXO DE TRIACASTELA).
( O mosteiro de Samos, na beira do río da Sárria, baixo do Monte Oribio )/..../ polo termo de Río de Sárria ( Río de Sárria era entón o nome que recebía San Cristovo do Real)
*2.-14 DE OUTUBRO DO 1053.- MUNIO IUSTIZ.-... RIPA FLUUII SARRIE ,CIMITERIO SAMANOS, SUB ALPE ERIBIO.... PER TERMINOS DE LAUZARELA, PER TERMINOS DE SARRIA, PER TERMINOS DE MONTE SERIO, PER TERMINOS DE NAVIA ( Demarcación de TRIACASTELA)....na ribeira do río da Sárria , o mosteiro de Samos, baixo do Monte Oribio.../...... Polos termos de Louzarela, pola extrema de Sárria, pola extrema do Monte da Meda e polos termos de Navia.