Demanda Química de Osíxeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
En química ambiental, a determinación da 'Demanda Química de Osíxeno' (DQO) adoita empregarse para medir a presencia indirecta de compostos orgánicos en auga. A DQO serve para determinar a cantidade de contaminantes orgánicos que se poden atopar tanto en augas superficiais (como serían augas de. lagoas, ríos e encoros) ou augas residuais (urbanas ou industriais) facendo da DQO unha media útil para medir a calidade da auga ou o grado de contaminación orgánica que presenta. Adoita expresarse en termos de miligramos por litro (mg/L) o que indica a masa de osíxeno consumido por litro de disolución.
 
A fundamento do ensaio de determinación da DQO baséase en que prácticamente todos os compostos orgánicos se oxidan a dióxido de carbono cun axente oxidante forte, nun ambiente fortemente ácido (normalmente usando dicromato de potasio como axente oxidante en presenza de ácido sulfúrico). Sinalar que durante o ensaio o ión amonio que pudera estar presente non reacciona, permanecendo inalterado.
 
O nitróxeno orgánico e hidrolizado a ión amonio, que non se oxida durante este ensaio.
 
----