Los Piratas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TeLo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
TeLo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Los Piratas''' foi un grupo de [[pop]]-[[rock]] en español orixinado en [[Vigo]]. A súa discografía componse de cinco álbumes de estudo, dous directos, un recopilatorio e catro discos de singles e rarezas. Trala súa separación en [[2004]] deixaron un certo baleiro no panorama pop-rock alternativo en español.
No seu último disco, '''''Fin de la Segunda Parte''''', despídense dos seus "fieles" (denominación que recibían os seus seguidores) nun concerto en directo no que estiveron acompañados por outros artistas como [[Enrique Bunbury]] e [[Amaral]].
 
O cantante do grupo, [[Iván Ferreiro]], emprendeu en 2005 un novo proxecto xunto co seu irmán Amaro; o seu álbum debut está titulado [[''Canciones para el tiempo y la distancia'']].
 
 
Liña 8:
== Traxectoria ==
 
Comezaron a súa andanza no [[1991]] cun álbum en directo que leva por título o nome do grupo. O seu segundo disco, '''''Quiero hacerte gritar''''', chegou en [[1993]], e dous anos máis tarde apareceu '''''Poligamia'''''. Comezaron a obter un maior recoñecemento cando en [[1997]] o tema ''Mi matadero clandestino'', extraído do seu cuarto traballo '''''Manual para los fieles''''', foi incluído na versión española da [[BSO]] do filme [[''Batman y Robin'']]. Un ano despois, a súa canción ''M'' (tamén do álbum ''Manual para los fieles'') formaría parte de BSO do filme español [[''Mensaka'']].
 
En [[1999]] foilles encomendado facer unha versión do tema ''My way'' de ''Paul Anka'' para un anuncio de móbiles da compañía [[Airtel]], o que fixo que fosen ampliamente recoñecidos a nivel nacional de forma definitiva. Este feito motivou que o seu álbum recopilatorio '''''Fin de la Primera Parte''''', que estaba xa no mercado nese momento, se reeditase para incluír esta versión do clásico, que uns anos despois tamén sería incluída nun recopilatorio coas mellores versións realizadas de tal canción.
Liña 22:
 
 
* [[1991]]: Los piratas
* [[1993]]: Quiero hacerte gritar
* [[1995]]: Poligamia
* [[1997]]: Manual para los fieles
* [[1999]]: Fin de la 1ª parte
* [[2001]]: Ultrasónica + Sesiones perdidas
* [[2003]]: Relax + Inerte + Respuestas + Dinero
* [[2004]]: Fin de la 2ª parte