Diferenzas entre revisións de «Xoana Seymour»

sen resumo de edición
'''Xoana Seymour''' tamén coñecida como '''Jane Seymour''' ([[1509]] – [[24 de outubro]] de [[1537]]) foi a terceira muller de [[Henrique VIII de Inglaterra]], e nai do futuro rei [[Eduardo VI de Inglaterra|Eduardo VI]]. Finou 12 días despois de concibir ao futuro rei.
 
Seymour foi a cuarta filla dos 9 fillos que tiveron [[Xoán Seymour]] de Wiltshire e [[Margarida Wentworth]]. Logo de servir coma asistente de [[Catarina de Aragón]] e de [[Ana Bolena]], esposas ambas as dúas de [[Henrique VIII de Inglaterra]], Xoana espertou o interese do rei e mailo favor deste ao seguir a mesma táctica cortesá de [[Ana Bolena]], de negarse reiteradamente ás propostas sexuais do rei co fin de aumentar o seu desexo até o punto de conseguir os mesmos favores que conseguira a arteira Ana. A diferenza dos seus irmáns e da súa predecesora [[Ana Bolena]], non simpatizaba coas ideas relixiosas protestantes. O anceiodesexo do rei Henrique de casar con ela acelerou as falsas acusacións de adulterio contra a, aínda daquela, raíña Ana. Así, finalmente Xoana e Henrique casaron no palacio de York, o [[30 de maio]] de [[1536]], tan só 11 días despois da execución de [[Ana Bolena]] na [[Torre de Londres]]. Decontado, Xoana quedaría embarazada.
 
A preñez espertou en Xoana unhas arelas irrefrenábeisirrefreábeis de comer [[perdiz|perdices]]. O rei ordeabaordenaba traélastraelas dende [[Calais]] e [[Flandres]]. Engordou terribelmente e tivéronse que amañar todos os seus vestidos. Xoana deu a luz a un varón, o futuro rei [[Eduardo VI de Inglaterra|Eduardo VI]], o [[12 de outubro]] de [[1537]]. Contraeu febres puerperais e morreu doce días másmáis tarde, o [[24 de outubro]] de [[1537]]. Está enterrada no [[Castelo de Windsor]].
 
Os dous ambiciosos irmáns de Xoana, [[Tomás Seymour|Tomás]] e [[Eduardo Seymour|Eduardo]], abusaron da súa memoria para aumentaren as súas propias fortunas. Tras a morte de Henrique, Tomás contreucontraeu matrimonio coa súa viúva, [[Catalina Parr]] (sexta e derradeira esposa de Henrique). Durante o período de rexencia de Eduardo VI, Eduard Seymour foi o seu protector e o gobernante real de Inglaterra. Ambos os dous irmáns foron axustizados.
 
Das seis mulleres que tivo o rei [[Henrique VIII]], Xoana Seymour foi considerada polo mesmo rei coma a súa "verdadeira" esposa, ao ser a única que lle deu o herdeiro varón que tan desesperadamente desexaba. Tanto era así, que á morte desta a corte ao completo gardou loito durante certo tempo seguindo a orde do rei. E cando Henrique faleceu, sepultárono ao lado da súa esposa, Xoana Seymour, na Capela de San Xurxo ubicadasituada no [[Castelo de Windsor]].
 
 
52.562

edicións