Zacarías, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: zh:教宗匝加利亚
desambiguación
Liña 1:
{{PapS-VIII}}
'''San Zacarías''', (nado arredor do [[679]] en [[Grecia]] e falecido o [[15 de marzo]] de [[752)]], foi [[Papa]] da [[Igrexa Católica]] (741-752).
 
Sábese pouco da súa vida antes de ser coroado papa. Nos sEusseus primeiros anos de pontificado conseguiu que os [[longobardos]] (pobo xermánico que ocupou o norte da península itálica), devolvesen algunhas cidades á Igrexa.
 
Fóra da península itálica contribuíu a que [[Pipino o Breve]] destronara a [[Khilderico III]], último rei [[Dinastía Merovinxia|merovinxio]]. En efecto, Pipino, Mordomo do Pazo, era o home forte que gobernaba na práctica o pobo [[francos|franco]], e [[Khilderico III]] o rei débil chamado a dar fin á liñaxe de [[Clodoveo I|Clodoveo]]. En tal situación, para lexitimar a súa planeada usurpación do trono, Pipino realizou ó Papa unha comprometedora consulta cargada en aparencia de inxenua busca da ortodoxa conduta: Quen debía ser o rei dos francos: o que exercía na práctica a realeza, ou quen a ostentaba nominalmente? O Papa resolveu a cuestión con este veredicto: «Quen o é de feito, séxao de dereito».
 
Así naceu unha forte relación de vínculos políticos e relixiosos entre o [[Papado]] e a [[dinastía Carolinxia]], fundada por Pipino. '''Zacarías''' enviou ó arcebispo [[Bonifacio]] para que coroase a Pipino, rei dos francos, no seu nome.