Televisión de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Véxase tamén: Categoría máis específica
Liña 6:
As obras da súa sede comezaron o [[8 de outubro]] de [[1984]]. Inaugurou as súas emisións o [[24 de xullo]] de [[1985]], coa retransmisión en directo dos actos do [[Día do Apóstolo]] en Santiago. O [[25 de xullo]] emitiu a súa primeira película, a curtametraxe ''[[Mamasunción]]'' de [[Chano Piñeiro]]. Logo destas probas suspendeu a transmisión ata o [[29 de setembro]], cando comezou a programación normalizada, con 39 horas de emisión á semana. Actualmente emite 168 horas á semana e preto do 70% é de produción propia. {{Cómpre referencia}}
 
Ó longo da historia, os diversos directores da canle foron Guillermo Montes, Xosé Luis Blanco Campaña, Gerardo González Martín, Xerardo Rodríguez, Xosé Rodil Lombardía, Arturo Maneiro, Anxo Quintanilla, Suso Iglesias e actualmente éRosa Suso IglesiasVilas.
 
O [[31 de decembro]] de [[1996]] a canle '''Galeusca TV''', da que tamén formaban parte [[ETB]] e [[TV3]], iniciou as súas emisións regulares cara [[América]] vía [[satélite]] e o [[17 de maio]] do ano seguinte a TVG comezou a transmitir pola [[internet]].
Liña 17:
Aínda que dixera que poría en marcha a súa segunda canle, [[G2]], o [[25 de xullo]] de [[2008]]<ref>[http://www.elpais.com/articulo/Galicia/apertura/segundo/canal/aboca/TVG/aumentar/gasto/elpepiautgal/20080107elpgal_2/Tes El País - La apertura de un segundo canal aboca a TVG a aumentar el gasto]</ref>, ao final fíxoo, tras fallar outubro de [[2008]]<ref>[http://www.mundoplus.tv/noticias.php?seccion=tv_digital&id=4596 Mundoplus - El segundo canal de la TVG costará el primer año dos millones]</ref><ref>[http://www.agalega.info/videos/?emi=3340&corte=2008-06-25&hora=15:15:39&canle=tvg1 agalega.info - 'Cousiñas' será o primeiro programa da Galega para menores de 3 anos]</ref>, o [[2 de febreiro]] de [[2009]]<ref>[http://www.anosaterra.org/nova/en-15-dias--emitira-g2-a-segunda-canle-da-galega-.html A Nosa Terra - En 15 días emitirá G2, a segunda canle da Galega]</ref><ref>[http://www.codigocero.com/spip.php?article7289 G2, a segunda canle da Galega, estrearase o vindeiro luns]</ref>. Facéndoo con retraso, porque xa se apuntara noutrora que ía ser no [[2006]] e, co anterior director, no [[2005]].
 
Esta segunda canle actualmente emite de luns a venres bloques infantís de 13.45 a 15.30 e de 18.00 a 20.30 e o resto das horas reemitirá a programación de Galicia TV América, mentres que as fins de semana están exclusivamente dedicadas ó deporte. Non obstante, en declaracións anteriores, o daquela director da CRTVG, Benigno Sánchez, tiña previsto que a canle emitira de luns a venres de 07.00 a 00.45 programación de divulgación, cultural, deportiva, documentais, cine, infantís, xuvenís, etc.; e as fins de semana centrarase no deporte (con especial atención ó minoritario e ó de base) e á cultura. Ademais, anúnciase a creación dunha canle de noticias no [[2010]] e dunha cuarta canle posterior sen confirmar temática.
 
==Programación==