Bandeira de Córsega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{referencias}} thumb|300px|Bandeira de Córsega A '''Bandeira de Córsega''' foi adoptada polo ''Xeneral da Nación'' Pasqual Paoli en [[175…"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 1 de xuño de 2009 ás 14:15

A Bandeira de Córsega foi adoptada polo Xeneral da Nación Pasqual Paoli en 1755 e estaba baseada na bandeira tradicional utilizada anteriormente. Representa unha Testa de Mouro (U Moru) de cor negra portando unha venda branca na fronte nun fondo negro. Previamente, a venda cubría os ollos, mais Paoli modificouna para situala na fronte para simbolizar a liberación do pobo corso.

Bandeira de Córsega

Foi usada pola República de Córsega e foi prohibida despois de 1769, cando Francia tomou posesión da illa que anteriormente estaba gobernada pola República de Xénova par pagar unha débeda pendente e acabar coa rebelión endémica na illa. Usouse como bandeira oficial cando o Reino Unido ocupouna en 1793. Caeu en desuso até 1980, cando se adoptou de novo como bandeira rexional.

A cabeza de mouro tamén aparece no Escudo de Armas de Córsega, así como na bandeira e o Escudo de Sardeña.