Festival de Cans: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 5:
Está organizado pola [[Asociación Cultural Arela]] e os veciños e veciñas de Cans, baixo a coordenación do guionista [[Alfonso Pato]]. Ten dúas seccións principais, unha de [[ficción]] e outra de [[animación]]. O festival foi ano a ano ampliando as seccións. Dende 2005 existe o "Jalpón Friki", no que se proxectan curtas extravagantes. Dende 2006 estréanse longametraxes, como ''[[Por min e por todos os meus compañeiros]]'' de Judas Diz ese ano, e en 2007 ''[[Abrígate]]'' de [[Ramón Costafreda]], ''[[Gritos no corredor]]'' de [[Juanjo Ramírez]], e ''[[Só concertinas]]'' de [[Víctor Coyote]]. Tamén en 2007 abriuse unha sección para mostrar e premiar os mellores [[videoclips]] galegos.
 
Polo Festival de Cans teñen pasado, na presentación ou premiados, [[Teté Delgado]], [[Antonio Durán "Morris"]], [[Julián Hernández]], [[Suso Iglesias]], [[Luis Tosar]], [[Tristán Ulloa]], [[Mabel Rivera]], [[Monti Castiñeiras]], [[Xosé Barato]] e [[Emma Suárez]], entre outros.
 
==Premiados==