Resident Evil Code: Veronica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
Pequenas correcións de ligazóns internas
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Liña 9:
== Argumento do xogo ==
O xogo comenza con Claire encarcerada nunha illa propiedade da corporación Umbrella. Estas instalacións sofren un ataque por parte de forzas descoñecidas, que liberaron o virus T por todas as áreas. O virus T provoca a aparición de zombies e outras criaturas. Un dos empregados de Umbrella, ferido de gravidade, abre a cela de Claire. Ela abandona a prisión, atravesa o cemiterio e chega aos barracóns do persoal. Neste traxecto coñece a Steve Burnside, outro preso. Colaborando con el, é quen de chegar ata un avión co que escapar. Tras fuxir da illa con Steve, chega aos laboratorios antárticos de Umbrella. Neles reúnese co seu irmán Chris. Averigüan que o responsable do ataque é un vello coñecido: Albert Wesker, implicado nos acontecementos que toman lugar en [[Resident Evil (videoxogo)|Resident Evil]]. Mentres, Alfred Ashford, membro da corporación Umbrella consegue espertar a súa irmá Alexia Ashford dun coma inducido. Alexia atopábase en coma inducido suspendida nunha solución cunha variante do virus T, o virus T-Verónica. Tras espertar, posúe habilidades psíquicas e facultades mentais extraordinarias. Tenta acabar con Wesker e con Chris, pero é eliminada por este último. Tras matar a Alexia, Chris trata de fuxir destes laboratorios coa súa irmá. Antes de escapar, loita con Wesker pero consegue zafarse e reúnese coa súa irmá. Ambos foxen nun caza de combate.
 
 
 
[[ar:ريزدنت إيفل كود: فيرونكا]]
[[en:Resident Evil Code: Veronica]]
[[es:Resident Evil Code: Veronica]]
[[fi:Resident Evil: Code Veronica]]
[[fr:Resident Evil: Code Veronica]]