Cantóns de Suíza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 326:
| [[Lingua alemá|Alemán]], [[Lingua francesa|francés]], [[Lingua italiana|italiano]], [[Lingua retorrománica|romanche]]
|}</center>
 
Os códigos ou abreviaturas de dúas letras son empregados con moita frecuencia para referirse aos distintos cantóns. Por exemplo, as matrículas dos vehículos, o código ISO 3166-2:CH co prefixo "CH-", (por exemplo: CH-GR para o cantón de [[Grisóns]]) ou nas páxinas web oficiais dos cantóns, por exemplo a de [[Tesino]] é www.TI.ch.
 
==Evolución histórica==
Os primeiros tres cantóns da [[Antiga Confederación Suíza|confederación]], incorporados en 1291 son os de Uri, Schwyz e Unterwalden (hoxe dividido en dous semi-cantóns: Obwalden e Nidwalden). Máis tarde, entre 1335 e 1353, incorporáronse outros cinco cantóns máis, pasando a ser unha confederación de oito: Lucerna (1335), Zúric (1351), Zug (1352), Glaris (1352) e Berna (1353).
 
Xa no século XV a confederación pasou paulatinamente a ter trece cantóns, coas incorporacións de Friburgo e Soleura en 1484, Basilea (separado en Basilea-Cidade e Basilea-Campo) e Schaffhausen en 1501, e Appenzell en 1513 (logo separado en Appenzell Interior e Appenzell Exterior).
 
En [[1803]] Coa [[República Helvética]] sumáronse cinco novos cantóns San Galo, Argovia, Turgovia, Tesino e Vaud. Finalmente chegando á Suíza actual coa incorporación dos Grisóns, Valais, Neuchâtel e Xenebra en 1815. O último troco foi en 1979, cando o cantón de Xura separouse do de Berna.
 
==Nomes nas linguas oficiais==