Diferenzas entre revisións de «Opinión pública»

lig int
m (Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:))
(lig int)
A '''opinión pública''' é a tendencia ou preferencia, real ou estimulada, dunha sociedade cara a feitos sociais que lle reporten interese.
==Historia da Opinión Pública==
Antes do [[século XX]], só eran cidadáns as minorías ilustradas das nacións occidentais ou colonias. Co xurdimento da [[cultura de masas]] e a expansión técnica, produtiva do [[modelo fordista]] e expansión da [[burocracia]], comeza un progresivo ensanche do termo ata que a fins do [[século XX]] o cidadán é a [[poboación]] mesma. Por iso a Opinión pública antiga estaba restrinxida a marcos reducidos de persoas que influían nas políticas sociais. A súa primeira formulación coincide coa visión dos teóricos da democracia liberal clásica ([[Jean-Jacques Rousseau|Rousseau]], [[Locke]], [[Tocqueville]]). Conceptualizábase daquela como a opinión do pobo.
 
As mostraxes de opinión pública melloraron cando as organizacións empresariais e educativas comezaron a desenvolver métodos que permitían a selección relativamente imparcial de participantes e a recollida sistemática de datos entre un amplo e variado sector do público, e isto ocorreu entre a década do 30 e o 40 do [[século XX]]. Entre os pioneiros neste sector atópase o analista estadounidense [[George Horace Gallup]], inventor da sondaxe que leva o seu nome.
 
==Opinión pública hoxe==
 
Os [[goberno]]s e empresas utilizan as sondaxes para coñecer a opinión pública sobre cuestións de interese coma os índices de [[desemprego]], [[mercado]] e de criminalidade entre outros indicadores sociais e económicos.
 
101.472

edicións