Germán Coppini: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
desambiguación: CD->disco compacto
Liña 29:
Durante a primeira metade da década dos 90 Germán mantívose algo alonxado do mercado musical, aínda que participou esporadicamente en discos doutros artistas, como ''Salud y pesetas'' de [[Las manos de Orlac]] (onde están o seu irmán [[Ernesto Coppini]] e [[Nacho Mastretta]]) en 1990. En 1994 colabora no disco homenaxe a [[Antonio Vega]] ''Ese chico triste y solitario'' cunha versión da canción de [[Nacha Pop]] "Chica de ayer" interpretada por "Los Cuatro Fantásticos de Germán Coppini", que incluía a [[Pedro Andrea]], [[Billy Villegas]] e [[Javier Marsán]]. Nese mesmo ano colabora con [[Paco Clavel]] no seu disco ''Duets'', cantando o tema "Contrabando y traición". Pouco despois canta as cancións "El astronauta de tu corazón" e "Vuela, vuela, pajarito" no primeiro disco de [[Tino di Geraldo]]: ''Burlerías''. Durante todo este tempo escribe cancións para series de debuxos animados e, por último, colabora na revista musical santanderina ''Bag Culture''.
 
Ademais en marzo de 1991 Nuevos Medios edita un [[disco compacto|CD]] dobleduplo con tódolostodos os temas gravados por Golpes Bajos durante a súa carreira, incluídos os contidos nos maxisinxelos promocionais, que ten unha acollida moi boa no mercado.
 
Por fin, tras case sete anos de silencio, a principios de 1996 volve gravar un disco en solitario, de novo en Nuevos Medios, que sae en maio co título de ''Carabás'', esta vez plagado de ritmos latinos e moi alonxado do [[pop]] que gravara durante toda a súa carreira.