Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
En novembro de 1985 foi o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta de Galicia, eleccións que gañou Coalición Popular e o seu candidato [[Xerardo Fernández Albor]] formou goberno. En 1987 González Laxe presentou unha moción de censura contra o goberno de Fernández Albor trala marcha de [[Xosé Luís Barreiro]], contando ademais, tras o coñecido como [[Pacto dos Tilos]], co apoio de [[Coalición Galega]] e o [[Partido Nacionalista Galego]] cos que formou un goberno de coalición tripartito o [[28 de setembro]] de 1987 con Barreiro de vicepresidente. Presidente do PSdeG desde 1988 e o seu candidato nas eleccións autonómicas de 1989 e malia obter os mellores resultados ata o momento para o seu partido (28 escanos) non puido impedir a vitoria de [[Manuel Fraga]], o candidato do Partido Popular, por maioría absoluta.
 
No ano 2000 deixou o posto de senador e en 2001 deixou de ser deputado no [[Parlamento de Galicia]]. Non volveu ocupar postos de relevancia política e na actualidade é catedrático de economía aplicada na [[Universidade da Coruña]]. En abril de [[2009]] foi nomeado presidente do [[EnteOrganismo Público de Portos do Estado]]<ref>[http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/gonzalez-laxe-tomara-timon-cuarenta-cuatro-puertos-espanoles-interes-general/idEdicion-2009-04-29/idNoticia-421510/ Nova en El Correo Gallego] {{Es}}</ref>.
 
==Referencias==
64

edicións