Sancho III de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
 
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Sancho III de Castela''', tamén chamado '''o Desexado''', (nado en [[Toledo]] en [[1134]] e falecido o [[31 de agosto]] de [[1158]]), foi [[Reino de Castela|rei de Castela]].
 
Era o fillo primoxénito de [[Afonso VII]] e [[Berenguela de Barcelona]]. Ó morrer o seu pai o 21 de agosto de 1157, herdou o reino de Castela, mentrasmentres que o seu irmán, [[Fernando II de León|Fernando II]], recibiu o [[reino de León]]. A división do reino entre os dous fillos de Afonso VII non derivou en conflito entre os irmáns debido á intervención da súa medio irmá [[Sancha de Castela e de Polonia|Sancha]], que intermediou para os dous respetarenrespectaren os límites territoriais de cada reino.
 
O 30 de xaneiro de 1151 casou con [[Branca Garcés de Navarra]], filla do rei navarro [[García Ramírez de Navarra|García Ramírez I]] e de [[Margarita de Aguila]]. Deste matrimonio naceu en 1155, o futuro rei [[Afonso VIII de Castela|Afonso VIII]], falecendo Branca no parto.
 
En 1158 contribuíu á creación da [[orde de Calatrava]] cando os [[Orde do Temple|templarios]] rexeitaron manter a defensa da cidade fronterizafronteiriza de [[Calatrava]] que lles fora concedida por [[Afonso VI de León|Afonso VI]] en 1147. Sancho entregou entón a tenencia e o señorío de Calatrava ó abade [[Raimundo de Fitero]] e ó cabaleiro Diego Velázquez, que fundaron a citada [[orde militar]].
 
Seguindo a política do seu pai, logrou que en 1157 o rei navarro [[Sancho Garcés IV de Navarra|Sancho IV]], e en 1158 o conde de Barcelona [[Ramón Berenguer IV]] lle prestaran vasalaxe. Ese mesmo ano entrou no reino leonés do seu irmán Fernando II, pero non chegou a enfrontarse a el, xa que os dous monarcas chegaron a un acordo firmado no [[tratado de Sahagún]] o 23 de maio de 1158, polo que Sancho se comprometía a devolver as terras fronteirizas entre os reinos que conquistara, a cambio de que estas foran dadas en señoríos a nobres leoneses cercanospróximos ó rei castelán. Tamén acordaron prestarse [[axuda mutua]] fronte a terceiros, repartíronse as zonas de conquista sobre os territorios musulmáns e estableceron que se algún deles falecía sen descendencia, o reino do finado pasaría ó supervivintesupervivente.
 
A súbita morte de Sancho deixou o tratado firmado co seu irmán sen forza algunha. Foi sucedido no trono polo seu fillo [[Afonso VIII de Castela|AlfonsoAfonso]], entón menor de idade, o que orixinou unha loita polo poder en Castela entre a [[familia Lara]] e a [[familia Castro]].
 
{{sucesión | título = [[Lista de monarcas de Castela|Rei de Castela]] | período = 1157 - 1158 | predecesor = [[Afonso VII]] | sucesor = [[Afonso VIII de Castela|Afonso VIII]]}}