Couzadoiro, Ortigueira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado
Sen resumo de edición
Liña 1:
 
{{Parroquia
|nome = Couzadoiro
Liña 11 ⟶ 10:
}}
 
== Xeografía ==
'''San Cristovo de Couzadoiro''' está situada na parte oriental do concello no curso medio do río Baleo e na aba occidental da Serra da Faladoira, do coto de Roca e dos montes do Burgo. Os lindes da parroquia son: [[San Salvador de Couzadoiro, Ortigueira|San Salvador de Couzadoiro]] ao norte. Este linde vai dende o Coto polo rego de Montecalvelo até o coto de Vilariño; polo leste os altos da Faladoira son linde co concello de [[Mañón]] dende o coto de Vilariño até Xuncos de Mouráz, polo suroeste o rego de Xuncos de Mouraz, afluente do Baleo, sepáraa da parroquia de [[Devesos, Ortigueira|Devesos]] , e polo oeste limita coa parroquia de [[Cuíña, Ortigueira|Cuíña]] no monte da Penouseira.
Dende a estrada [[AC 682]] na Ponte do Baleo, parte outra que nos leva até Devesos e que atravesa a parroquia polo alto de Corbelle. Tamén atravesa esta parroquia outra estrada que une a mesma Ponte do Baleo con Mañón por Montecalvelo e o alto do Foxo.