Franquismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
m democracia orgánica e democracia parlamentaria si téñen un certo paralelismo (houbo parlamento, eleccións...) pero esas semellanzas quedan no superficial xa que o seu significado é radicalemente dife
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
{{enuso}}
O '''franquismo''' foi o réxime [[Política|político]] vixente en [[España]] entre [[1939]] e [[1975]], baseado no liderado do xeneral [[Francisco Franco Bahamonde]]. Tamén se chama franquismo a [[ditadura]] e ideoloxía pola que se rexiu España nesta época, tamén coñecida como nacionalcatolicismo, con elementos do [[fascismo]].
 
==Orixe==
A orixe do franquismo foi a sublevación dunha parte do exército español contra o goberno da [[II República]] xustificándoo como un movemento contrarrevolucionario para impedir outro de inspiración [[comunismo|comunista]]<ref>Josep Fontana (ed.) ''España bajo el franquismo''. Editorial Crítica, 1986, páxina 11</ref> pero que pretendía eliminar o [[democracia|réxime democrático]] para substituílo por unha [[ditadura militar]] de forma provisoria ou definitiva<ref>Ismael Saz ''Fascismo y franquismo''. Universitat de València, 2004, páxina 129</ref> pero que se converteu nun réxime autoritario<ref>J. Linz, “An Authoritarian Regime: Spain,” en Allardt e Rokkan, eds., ''Mass Politics: Studies in Political Sociology'', 1964, pp. 251-283.</ref> no que Franco exercía a xefatura vitalicia en concepto de Caudillo
 
== Historia ==
 
Acabada a [[Guerra Civil Española]] coa vitoria dos autodenominados ''nacionais'', Franco pasou a ser a cabeza do Estado, proclamándose ''Caudillo de España pola graza de Deus''. Nos primeiros anos, o réxime franquista levou a cabo unha forte [[represión política|represión]] contra os adversarios, a súa función era fundamental para paralizar o inimigo polo terror e estaba alentada polos máximos dirixentes<ref>Josep Fontana (ed.) ''op. cit.'' páxina 18</ref>, deu apoio a [[Hitler]] e a [[Mussolini]] (quen o apoiaran na guerra civil) e practicou unha política [[Economía|económica]] [[autarquía|autárquica]]. Máis adiante, máis dunha década despois, o réxime estableceu contactos cos [[Estados Unidos]] e cambiou a política económica. Nos [[anos 60]] produciuse un incremento notable en comparanza cos niveis mínimos da última época do nivel de vida da poboación en xeral (propiciado polo ''desenvolventismo'' económico), se ben o nivel de liberdade persoal e política non aumentou consecuentemente.
 
O franquismo como réxime político oficial rematou coa morte de [[Francisco Franco Bahamonde|Franco]], que foi sucedido por decisión propia do xeneral polo rei [[Xoán Carlos I]] como Xefe de Estado, tras xurar os [[Principios do Movemento Nacional]], o máis parecido a unha "Constitución franquista". A [[Transición española|transición]] cara a un sistema político baseado nunha [[democracia parlamentaria]] foi relativamente moderada, tirantes as continuas ameazas de revoltas militares e a forte mobilización das masas traballadoras e estudiantís (véxase [[oposición ó franquismo]]).