53.373
edicións
Sem resumo de edição |
Sem resumo de edição |
||
O desenvolvemento desta literatura influíu de xeito decisivo na separación da igrexa exipcia ([[monofisismo|monofisita]]) da de [[Bizancio]] ([[Igrexa ortodoxa|ortodoxa]]), contribuindo á reacción nacionalista-relixiosa ao dominio político, relixioso e lingüístico do [[Imperio Romano de Oriente]]. Nas súas orixes atópanse versións de obras cristiás gregas e, con efeito, moitas destas coñécense hoxe grazas exclusivamente ás súas traducións ao copta. A literatura copta coñécese ainda mal, debido á pillaxe sofrida polos [[mosteiro]]s e bibliotecas, e á grande cantidade de material ainda inédito. O que resta son fundamentalmente textos cristiáns, ainda que fican bastantes [[gnósticismo|gnósticos]] e [[maniqueísmo|maniqueos]].
O primeiro traballo acometido foi a tradución da Biblia, da que non se conservan versións completas, senón só reconstrucións dalgúns libros e un [[Novo Testamento]]. A literatura copta propiamente comeza cos "[[apócrifo]]s", numerosas adaptacións libres do grego ou textos orixinais, escritos en ton lúdico e esaxerado. A maioría son relatos dos [[Feitos dos Apóstolos]] ou [[
Descoñécese o nome da maior parte dos escritores coptas. Os de maior relevancia foron [[Pancomio]] ([[292]]-[[346]]), fundador dos mosteiros do [[Alto Exipto]], e [[Scenutes]] (-[[451]] aprox.).
|
edicións