Mikhail Lérmontov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Mikhail_lermontov.jpg|thumb|right|Mikhail Lermontov en [[1837]]]]
[[Ficheiro:Mikhail Lermontov-1.jpg|Lérmontov en 1841]]
'''Mikhail Iúrevich Lérmontov''' (Михаил Юрьевич Леормонтов) (15 (3 do antigo calendario ruso de outubro de 1814 – 27 (15) xullo de 1841), escritor ruso da época romántica, chamado as veces "o poeta do [[Caúcaso]]". O poeta ruso máis importante desde da morte de [[Aleksandr Pushkin]], ata a súa propia morte, catro anos despois, con só 26 anos. Coma Puskin morreu nun duelo.
 
==Vida==
 
A cusacausa da morte prematura de súa mai e da carreira militar e os problemas económicos do pai, foi a avoa, que non tiña boas relacións co xenro, a que se ocupou da educación de Lérmontov. Gastou canto foi necesario para darlle a mellor educación posible, pero os seus conflictos permanentes co pai do futuro escritor contribuíron posiblemente a desenvolver o caracter agresivo e túzaro do neno. A atmosfera intelectual da época era semellante á que vivira [[Pushkin]] aínda que a influencia inglesa comezaba a desprazar á francesa, e [[Lord Byron]] era xa tan ou máis popular en [[Rusia]] cós escritores franceses.
En [[Moscova]] Lérmontov, despois de pasar polo Ximnasio, entrou na universidade en [[1830]], na que pasou só dous anos, véndose obrigado a pedi-la renuncia despois duns incidentes entre algúns alumnos e un profesor. Entre [[1830]] e [[1834]] foi a escola de oficiais da garda en [[San Petersburgo]] e despois foi asignado o rexemento de húsares de [[Tsarskoe Tseló]]. Dirixiu o tsar [[Nicolás I]] un poema, "Smert' poeta" (A morte do poeta), no que expresaba a súa cólera pola morte en duelo de [[Alexander Pushkin]] ([[1837]]), no que reclamaba a vinganza de Rusia sobre o asasino do poeta.
O tsar indignouse polo poema e Lérmontov foi enviado o [[Cáucaso]] como oficial de [[dragóns]]. Alí pasara xa unha tempada cando tiña dez anos e encontrouse a gusto de seguida. O temperamento áspero e duro dos montañeiros que tiña que combater casaba moi ben co de Lérmontov, así como a paisaxe de rochas e montañas. Lérmontov foi exiliado ó seu mundo ideal. No Cáucaso coñeceu os [[decembristas]] exiliados e a intelectuais xeorxianos rebeldes.