Franquismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
RNC (conversa | contribucións)
m elimino personalidadade e ideoloxía de Franco non está referenciado polo que non se sabe se son opinións do que o escribiu o teñen detrás algunha fonte.
Liña 16:
A partir das derrotas das potencias do Eixe na [[Segunda Guerra Mundial]], o réxime vai desbotando o seu carácter marcadamente profascista, aínda que segue utilizando a súa [[simboloxía]]. O franquismo tivo daquela que buscar novas [[alianza]]s internacionais, e foi diminuíndo o papel da Falange en favor doutros grupos. Na década dos anos 60 apareceu unha xeración de políticos ''tecnócratas'' formados no [[Opus Dei]] que até certo punto rompeu o illamento internacional no que se atopaba o Estado.
 
===Personalidade e ideoloxía de Franco===
As ideas básicas de Franco anteriores á guerra civil eran o seu [[nacionalismo español]] sen concesións e o seu [[anticomunismo]]. No período que vai de 1933 a 1939 afoutou os seus principios relixiosos e acadou unha visión simplista do pasado histórico dos territorios de España, concibindo a realidade coma a loita perenne entre as forzas tradicionais, relixiosas e patrióticas e o resto, é dicir, antinacionais, en ocasións vinculadas á [[masonería]], e traidoras á patria. A diferenza de Hitler ou Mussolini, Francisco Franco carecía dunha educación en humanística, limitándose a disciplina militar e pondo de relevo as virtudes castrenses. Carecendo dunha mínima formación política, o seu horizonte vital era o propio dun oficial da guerra de Marrocos. Non obstante, malia esta restra de eivas ideolóxicas, foi reverenciada e exaltada a súa figura por parte do bando vencedor e da Igrexa Católica converténdoo en «Caudillo», e chegando a ser considerado un salvador. Así, Franco considérabase coma o « sentinela que velaba polo ben do pais mentres os demais durmían »{{Cómpre referencia}}. Así as cousa, a propia personalidade de Franco non abonda para poder explicar a perduración do seu réxime, tendo que buscar as razóns nun [[colectivo]] que estivo detrás da súa figura ao longo das catro [[década]]s de ditadura.
 
== Notas ==