Arrano beltza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Lameiro (conversa | contribucións)
*águia ->aguia
Liña 5:
A '''''arrano beltza''''' ("Aguia Negra" en [[éuscaro]]) é un antigo símbolo vasco-navarro que mostra unha [[aguia]] negra sobre un fondo amarelo e é moi usada, aínda que non exclusivamente, polos [[Nacionalismo Vasco|nacionalistas vascos]] como símbolo de Euskal Herria, o [[País Vasco]].

A águiaaguia negra era orixinariamente o selo do rei [[Sancho III de Navarra]] quen tivo baixo o seu mando tódolos territorios de cultura e lingua vascas. Segundo a interpretación nacionalista vasca, o mandato de Sancho III constitue un precedente histórico para as aspiracións de unificación dos territorios de lingua vasca nun estado independente. Segundo a perspectiva [[nacionalismo español|nacionalista española]], é un dos primeiros intentos de formar unha [[España]] unificada.

Este símbolo é empregado frecuentemente pola chamada [[Ezker Abertzalea]] (Esquerda patriota), quen o consideran "o símbolo máis antigo do territorio de Euskal Herria". Dáselle un uso semellante ó dos símbolos buscados por [[Sabino Arana]]. A pesar disto, xunto á [[ikurriña]], de orixe aranista, tamén é usada moi a miúdo a '''''arrano beltza''''', que é considerada un símbolo máis xenuino de Euskal Herria. Pola mesma razon, esta esquerda [[abertzale]] empregan a miúdo o tradicional termo de ''Euskal Herria'' no canto do neoloxismo ''[[Euskadi]]'', creado por Sabino Arana no século XIX . (''Euskadi'', por outra parte, comeza a ser máis identificado coa Comunidade Autónoma Vasca.)

Algunhas organizacións vascas españolistas e as súas homónimas en Navarra empregan asemade a ''arrano beltza'', considerándoa, dende un punto de vista oposto, un símbolo da unidade de España. Segundo esta idea, eles alegan que Sancho III aparece en moitos documentos nomeado ''Rex Hispanorum Regum'', é dicir, "Rei dos reinos de Hispania", o que, dende o seu punto de vista, demostra que o [[Reino de Navarra]] percivía a España como unha unidade territorial e histórica, a pesar da súa división política. Sancho III ademáis converteu a Castela nun reino cando o deu ó seu fillo Fernando (aqui os españolistas obvian o feito de que Castela formouse a partir dun condado do Reino de León), e a águiaaguia, usada polos seus reis até incluso [[Isabel I]] vería da ''arrano beltza''.

==Véxase tamén==
Liña 15:

|''Arrano beltzarekin joan ziren''
''joan joan''
''Jaengo Navas de Tolosara''
''Nafarrak''
''eta kate kateekin itzuli etxera.''

|Eles foron coa águiaaguia negra
foron, foron
á [[Batalla das Navas de Tolosa|Navas de Tolosa]] en [[Xaén]]
os navarros
e volveron con cadenascadeas, cadenascadeas.

Isto alude á lenda sobre a orixe do escudo de armas de Navarra.