Fantasía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3:
O '''xénero fantástico''', comunmente chamado '''fantasía''', é un xénero artístico de [[ficción]] no cal os elementos principais do argumento son imaxinarios, irreais e sobrenaturais.
 
No seu sentido máis amplo, o xénero fantástico áchase presente na [[literatura]], [[cinematografíacine]], [[historietabanda fantástica|historietadeseñada]], [[videoxogos]], [[xogos de rol]], [[pintura]], [[escultura]], [[drama]] e, sobre todo, na [[mitoloxía]] e relatos antigos, onde tivo a súa orixe. Caracterízase por non dar prioridade a unha representación realista que respecte as leis de funcionamento do mundo real. Nese sentido adóitase dicir que o xénero fantástico é subversivo, pois viola as normas da realidade.
 
Xeralmente distínguese doutras formas artísticas como a [[ciencia ficción]], na que tamén se subverten os mecanismos de funcionamento da realidade coñecida, aducindo que a causa dos fenómenos observados en obras de corte fantástico sempre teñen que ver con forzas sobrenaturais mentres que na ciencia ficción hai causas ''científicas'', con explicacións que buscan a racionalidade dentro da súa ruptura coa orde coñecida.