Óso cigomático: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Frontal (óso)->Óso frontal
Xas (conversa | contribucións)
imaxe
Liña 1:
[[Ficheiro:Gray164.png|thumb|250px|Óso cigomático esquerdo]]
O '''óso cigomático''' é un óso da faciana tamén coñecido como '''malar'''. Presenta dúas caras, catro bordos e catro ángulos. Articúlase tanto con ósos do cranio ([[óso frontal|frontal]], [[óso temporal|temporal]] e [[esfenoide]]) coma con ósos da faciana ([[maxilar superior]]). É ademais un óso dobre.
 
===Cara anterior===
É unha superficie lisa, destinada á inserción de dous músculos da mímica: o cigomático maior e o menor.
 
===Cara posterior===
Forma parte da fosa cigomática. Relaciónase co [[músculo temporal]]
 
===Bordo superior===
Serve para articularse coa apófise orbitaria externa do [[óso frontal|frontal]].
 
===Bordo inferior===
Articúlase co [[maxilar inferior]].
 
===Bordo anterior===
É un punto bastante superficial do óso. Relaciónase coa [[bolsa adiposa de Bichat]].
 
===Bordo posterior===
Articúlase coa apófise cigomática do [[temporal]] constituíndo o arco cigomático.
 
===Ángulo supero-interno===
Forma parte da parede externa da [[órbita (anatomía)|órbita]].
 
===Ángulo supero-externo===
Relaciónase co músculo temporal.
 
===Ángulo infero-externo===
Relaciónase co músculo [[músculo maseter|maseter]]