MAN: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Synthebot (conversa | contribucións)
Toliño (conversa | contribucións)
m {{Outroshomónimos|Man (homónimos)}}
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Man (homónimos)}}
Unha '''rede de área metropolitana''' (''Metropolitan Area Network''), '''MAN''', é unha rede de alta velocidade (banda ancha) que, dando cobertura nunha área xeográfica extensa, proporciona capacidade de integración de múltipos servizos mediante a transmisión de dados, voz e vídeo, sobre meios de transmisión tais como [[fibra óptica]] e par trenzado de cobre a velocidades que van desde os 2 Mbits/s até 155 Mbits/s.
 
Liña 4 ⟶ 5:
 
==Aplicacións==
 
As redes de área metropolitana teñen moitas aplicacións; as principais son:
 
Liña 15:
 
==MAN pública e privada==
 
Unha rede de área metropolitana pode ser pública ou privada.Un exemplo de MAN privada seria un grande departamento ou administración con edifícios distribuídos pola cidade, transportando todo o tráfico de voz e dados entre edifícios por meio do seu próprio MAN e encamiñando a información externa por meio dos operadores públicos.Os dados poderian ser transportados entre os diferentes edifícios, ben en forma de pacotes ou sobre canais de ancho de banda fixos.Aplicacións de vídeo poden enlazar os edifícios para xuntanzas, simulazóns ou colaboración de proxectos.
 
Liña 21 ⟶ 20:
 
=Características=
 
As razóns polas cais se fai necesária a instalación dunha rede de área metropolitana a nível corporativo ou o acceso a unha rede pública das mesmas características se resumen a continuación:
 
==Ancho de banda==
 
O elevado ancho de banda requirido por grandes ordenadores e aplicacións compartidas en rede é a principal razón para usar redes de área metropolitana en lugar de redes de área local.
 
==Nodos de rede==
 
As redes de área metropolitana permiten superar os 500 nodos de acceso á rede, polo que se fai moi eficaz para entornos públicos e privados con un grande número de postos de traballo.
 
==Extensión de rede==
 
As redes de área metropolitana permiten atinxir un diámetro entorno aos 50 kms, dependendo o alcance entre nodos de rede do tipo de cabel utilizado, asi como da tecnoloxia empregada.Este diámetro considera-se suficiente para abranxer un área metropolitana.
 
==Distancia entre nodos==
 
As redes de área metropolitana permiten distáncias entre nodos de acceso de vários quilómetros, dependendo do tipo de cabel.Esta distáncias consideran-se suficientes para conectar diferentes edifícios nun área metropolitana ou campus privado.
 
==Tráfico en tempo real==
 
As redes de área metropolitana garanten uns tempos de acceso á rede mínimos, o cal permite a inclusión de servizos síncronos necesários para aplicacións en tempo real, onde é importante que certas mensaxes atravesen a rede sen demora mesmo cando a carga de rede é elevada.
 
== Integración voz/dados/vídeo ==
Adicionalmente aos tempos mínimos de acceso, os servizos síncronos requerenrequiren unha reserva de ancho de banda; tal é o caso do tráfico de voz e vídeo. Por este motivo as redes de área metropolitana son redes óptimas para entornos de tráfico multimedia, se ben non todas as redes metropolitanas suportan tráficos [[isocrono|isócronos]] (transmisión de información a intervalos constantes).
 
Adicionalmente aos tempos mínimos de acceso, os servizos síncronos requeren unha reserva de ancho de banda; tal é o caso do tráfico de voz e vídeo.Por este motivo as redes de área metropolitana son redes óptimas para entornos de tráfico multimedia, se ben non todas as redes metropolitanas suportan tráficos [[isocrono|isócronos]] (transmisión de información a intervalos constantes).
 
==Alta disponibilidade==
 
Disponibilidade referida á porcentaxe de tempo no cual a rede traballa sen fallos.As redes de área metropolitana teñen mecanismos automáticos de recuperación fronte a fallos, o cual permite á rede recuperar a operación normal despois de un. Calquera fallo nun nodo de acceso ou cable é detectado e [[isolado]]. As redes MAN son apropiadas para entornos como controlo de tráfico aéreo, provisionamento de almacéns, bancos e outras aplicacións comerciais onde a indisponibilidade da rede ten graves consecuencias.
 
==Alta fiabilidade==
 
Fiabilidade referida á taxa de erro da rede mentres atopa-se en operación.Entende-se por taxa de erro o número de [[bit|bites]] erróneos que se transmiten pola rede.En xeral a taxa de erro para fibra óptica é menor que a do cable de cobre a igualdade de lonxitude.A taxa de erro non detectada polos mecanismos de detección de erros é da orde de 10-20.Esta característica permite á redes de área metropolitana traballar en entornos onde os erros poden resultar desastrosos como é o caso do controlo de tráfico aéreo.
 
==Alta seguranza==
 
A fibra óptica oferece un meio seguro porque non é posíbel ler ou mudar o sinal óptico sen interromper o enlace.A rotura dun cable e a inserzón de mecanismos alleos á rede implica unha caída do enlace de forma temporal.
 
==Inmunidade ao ruído==
 
En lugares críticos onde a rede sofre interferéncias electromagnéticas considerabeis a fibra óptica oferece un meio de comunicación libre de ruídos.