Diferenzas entre revisións de «Artes liberais»

sen resumo de edición
Durante a [[Idade Media]], as artes liberais conformaban a parte central do curriculum das universidades. [[Alcuíno]], conselleiro intelectual de [[Carlomagno]] adoptounas como base da reforma escolar levada a cabo durante o periodo do ''[[Renacemento carolinxio]]''). Nas teorías educativas medievais o ''quadrivium'' seguía o traballo preparatorio do ''trivium''. Aínda que o esquema de trivium e quadrivium é ás veces coñecido como "educación clásica" correspóndese fundamentalmente cun desenvolvemento medieval que chega ós séculos XII e XIII.
 
O ámbito e alcance das artes liberais evolucionou no tempo. Incialmente refería a educación das élites nos clásicos. [[Boecio]], o "último romano, o primeiro escolástico", nunha tentativa case desesperada de transmitir ós novos donos de Italia a civilización clásica, permanece no reino dos ostrogodos para tentar ensinarlhes os rudimentos do quadrivium. Do século VI en diante o sistema medieval de estudos académicos corresponderase co esquema duplo dos contidos do [[trivium]] e [[quadrivium]] pero coa aparición das [[Humanidades]] e da [[Ciencia]] na época da [[Ilustración]], o significado de "artes liberais" esténdese ata incluírabranguer a ambas. Son aínda excluídas das artes liberais ocupacións específicas como a agricultura, os negocios, a enxeñería, a pedagoxía, a medicina ou a farmacia.
 
As sete '''artes liberais''' que se ensinaban na antigüidade comprendían dous grupos de estudos: o ''trivium'' e o
1.004

edicións