Diferenzas entre revisións de «Alfred Charles Kinsey»

m (bot Modificado: ko:앨프리드 킨지)
 
 
== A figura pública dosúa doutorobra Kinsey==
{{AP|Informe Kinsey}}
Kinsey recopilou na súa obra ''O comportamento sexual no home'' publicada en [[1948]], miles de entrevistas persoais que, aínda que adolecen dalgúns problemas legais, metodolóxicos e técnicos importantes, os seus resultados coincidiron en grande medida cos posteriores estudos sobre a conduta sexual masculina realizados noutros países e noutros momentos diferentes.
 
Sobre a base de máis de 5.300 entrevistas persoais con homes de raza branca, Kinsey chegou a unha serie de conclusións sobre a [[homosexualidade]]:
 
# O 37% dos homes entrevistados experimentaron algunha vez un [[orgasmo]] homosexual a partires da [[adolescencia]].
# O 13% dos varóns sentiron desexos homosexuais, sen que se producise por iso contacto físico algún.
# O 25% deles tiveron experiencias homosexuais non incidentais entre as idades de 16 a 55 anos.
# O 18% mantiveron igual número de relacións heterosexuais que homosexuais durante un período mínimo de 3 anos, entre as idades de 16 a 55 anos.
# O 10% tivo unha conduta estrictamente homosexual durante un período de 3 anos como mínimo e entre as idades xa reseñadas.
# Só un 4% manifestaba unha conduta estritamente homosexual durante toda a súa vida e xa manifesta durante a adolescencia.
# A homosexualidade existía a todos os niveis sociais e ocupacionais.
 
Do seu traballo de [[1953]] sobre o ''Comportamento sexual na muller'', Kinsey realizou 5.490 entrevistas a mulleres de raza branca das cales dedúcese que:
 
# Un 13% de mulleres experimentaran algún orgasmo homosexual a partires da adolescencia.
# Só un 3% das mulleres foran predominantemente homosexuais durante un período de 3 anos como mínimo.
# As mulleres, en contraste cos homes, non adoitaban ser promiscuas e tiñan as súas relacións homosexuais só con 1 ó 2 compañeiras no 71% dos casos.
 
Estes resultados, levaron a Kinsey a confeccionar a ''[[Escala de Kinsey]]'' sobre a heterosexualidade-homosexualidade, onde o grao 0 manifestaba unha heterosexualidade completa e o 6 unha homosexualidade exclusiva e dominante. Aínda así, o seu estudo amosa que a maioría das persoas atopábanse dentro do número 1 ou 2 na súa escala.
 
As conclusones que se extraen da obra de Kinsey diferían radicalmente a apreciación da homosexualidade como fenónemo minoritario: a metade dos varóns da mostra estudada tiveran polo menos unha experiencia homosexual (a nivel físico ou de fantasía), aínda que era moi frecuente que tivesen máis dunha, ou ata unha vida homosexual exclusiva (4%). Xa que logo, este tipo de sexualidade non era excepcional, o que viña indicar que a homosexualidade en si non era un índice de patoloxía mental, como demostrarían posteriormente Churchill en [[1967]], Silverstein en [[1972]] ou Martin e Lyon tamén o mesmo ano, quen argumentan nos seus estudos que a maioría de homosexuais masculinos e femininos identifícanse co seu propio sexo, ao contrario do que a miúdo considérase en canto ao afeminamento do varón ou a masculinización da muller.
 
O estudo de Kinsey, recibiu numerosas críticas no que á súa metodoloxía e resultados prefírese, das que destacan as realizadas por German en [[1948]].
 
==A figura pública do doutor Kinsey==
Alfred C. Kinsey morreu en [[1956]] ós 62 anos de idade convertido nunha autoridade mundial no inexplorado eido da sexualidade humana.
 
15.286

edicións