5.354
edicións
(categoría máis específica) |
RNC (conversa | contribucións) m (contradicíase o artigo, é o nome de todas as especies da suborde, os especialistas logo diferencian os nomes das especies (os falantes non diferencian a maioría delas, iso pasa en todas as linguas) |
||
[[Ficheiro:American Bird Grasshopper.jpg|thumb|[[Acrididae]]]]
▲É unha [[suborde]] de insectos [[herbívoro]]s da [[orde (bioloxía)|orde]] ''[[Orthoptera]]''. Diferéncianse da outra suborde de ortópteros (''[[Ensifera]]'') en que as antenas son curtas e adoitan ter menos de 30 [[artello]]s. Esta suborde inclúe moitas familias de saltóns.
Os saltóns poden saltar grandes distancias coas súas potentes patas traseiras, e nalgunhas ocasións mesmo son capaces de [[migrar]]. Esta circunstancia dáse cando se concentran demasiados individuos nunha mesma zona. Ante a escasez de alimento, o seu organismo libera unha serie de [[hormona]]s que fomentan a mobilidade das ás para que os individuos poidan desprazarse voando a outros lugares e evitar así a competencia intraespecífica polo alimento. Algunhas especies, como a ''[[Locusta migratoria]]'' e a ''[[Schistocerca gregaria]]'', desprázanse en grandes enxambres minguando as colleitas.
|
edicións