Boiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 119:
Existe outra serie de xacementos castrexos na zona de Boiro, como son o Castro de Amoureira ou o Castro de Goritas, pero sen apenas tradición historiográfica, e que non foron intervidos arqueoloxicamente, salvo as prospeccións pertinentes.
 
'''Imperio Romano e Idade Antiga'''
 
''Pendente de Edicion''
''Calzada Romana de Vitres''
 
As distintas interpretacións feitas sobre esta vía consideran que se trata dun treito da Calzada que formaría parte da vía XX ou <<per loca marítima>>, variante da vía XIX pero situada ao longo da costa atlántica do NW, cunha extraordinaria importancia económica, definida pola intensa actividade mineira, e o extraordinario papel comercial que permitía ter comunicados os núcleos costeiros cos interiores.
 
As referencias á calzada romana do Monte de Vitres (López Ferreiro) fan alusión ao acuartelamento da Legio VII Victrix no entorno, o que quedaría fixado na toponimia da zona como Castelo de Vitres. Outros anacos desta estrada podemos vela en Belles de Arriba e Belles de Abaixo.
 
A pesares da eiva de datos empíricos nestes intres, é probable que nos atopemos ante unha calzada romana fosilizada ou substituída por un rueiro medieval, atendendo a datos como os restos arqueolóxicos conservados, que manifestan que se trata dun asentamento medieval, así como o topónimo: castelo. O posible contexto de fundación do Castelo de Vitres sexa finais da Alta Idade Media, momentos que corresponden cunha alta inestabilidade e conflitividade política militar coas invasións normandas, vikingas e sarracenas. Neste contexto adóptanse unha serie de medidas co fin de protexerse destes ataques, e unha delas é a construción dunha serie de torres con fins de vixilancia, protección e defensa contra os asediadores. Como resultado destas medidas constrúense as Torres do Oeste en Catoira, as fortificacións de Pontesampaio ou a Lanzada, e posiblemente o Castelo de Vitres, que posúe un amplo control visual sobre parte da Ría de Arousa.
 
 
 
'''Idade Media'''
''Pendente de Edicion''
 
Desta epoca data a división administrativa en parroquias que fixa as súas raíces no reino suevo, que perdura até a actualidade, e que podemos clasificalas como parte do patrimonio inmaterial.
 
En Boiro contamos con oito parroquias: San Cristovo de Abanqueiro, San Ramón de Bealo, San Vicenzo de Cespón, San Xoán de Macenda, Santa Baia de Boiro, Santa María do Castro, Santiago de Lampón, Santo Andrés de Cures. Cadansúa das cales, dispón dun conxunto monumental impresionante e único, do que dan fe as distintas igrexas, igrexarios e casas reitorais:
 
Na parroquia de [[Abanqueiro, Boiro|Abanqueiro]]:
* A '''Igrexa parroquial de San Cristovo de Abanqueiro''', de fábrica [[arquitectura románica|románica]].
 
Outra das evidencias da Alta Idade Media en territorios boirense atópase nas inmediacións do núcleo de Abanqueiro, onde se conserva un sartego (sepulcro antropoide) que dadas as características que presenta podería ser máis antigo que a propia fundación do templo de San Cristovo de Abanqueiro, que se estima ao longo do século XIII
 
==Galería de imaxes==
:''Vexa o artigo principal en: [[Galería de imaxes de Boiro]]''