Teseo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 12:
Teseo continuou a súa viaxe e chegou a Atenas, pero atopouse cun inconvinte: seu pai casara con [[Medea]], a que fora esposa de [[Xasón]], co fin de que esta lle dera un herdeiro, ignorante do nacemento de Teseo. Desta unión nacera un fillo ao que chamaron [[Medo]].
Ante esta situación inesperada, Teseo decidiu agardar un pouco antes de darse a coñecer. Pero Medea, que era unha feiticeira, recoñeceuno e veu nel un perigo para que o seu fillo accedera ao trono de Atenas. Así que trazou un plano. Enganou a Exeo, dicíndolle que aquel home era un inimigo de Atenas e que debían acabar coa súa vida, e convenceuno para que o invitase a un banquete no seu palacio. Unha vez alí, Medea puxo veleno na copa do rapaz pero a casualidade salvou a súa vida. Teseo sacara a espada que lle deu a súa nai para cortar a carne. Entón Exeo recoñeceu a arma, comprendeu o que ocorría e quitoulle ao seu fillo a copa dos labiosbeizos. Tendo fracasado na súa empresa, Medea decidiu fuxir co seu fillo.
 
Teseo foi daquela recoñecido oficialmente como fillo e sucesor do rei. Este feito provocou a rebelión dos [[Palántidas]], fillos de [[Palante]] que era irmán de Exeo, xa que un deles sería o sucesor de Exeo no caso de que este non tivese descendencia. Teseo, facendo alarde da súa astucia militar, consiguiu acurralar aos seus adversarios e dar morte a gran parte deles, fuxindo os restantes. Teseo foi entón aclamado por todos os atenenses e recoñecido como futuro rei.