Abel Tasman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
RNC (conversa | contribucións)
m agardar non funciona como verbo auxiliar en formas perifrásticas
Liña 4:
'''Abel Janszoon Tasman''' ([[1603]] - [[1659]]). [[Explorador]] holandés, naceu no pobo de Lutjegast, [[provincia]] de [[Groninga]], [[Países Baixos|Holanda]], famoso polas súas viaxes realizadas entre 1642 e 1644, ao servizo da ''Vereenigde Oostindische Compagnie'' (VOC - Compañía Holandesa das Indias Orientais).
 
Foi o primeiro europeo que chegou xunto á súa expedición á ''illa de Van Diemen'', hoxe coñecida como [[Tasmania]], e a [[Nova Zelandia]]. Ademais trazou mapas dunha gran parte das costas de [[Australia]]. O seu traballo foi investigar o territorio coñecido como "Nova Holanda", hoxe Australia, da que os holandeses descubriran a costa oeste e debían determinar se a zona pertencía ás [[Terra Australis]]. A ''VOC'' agardabaesperaba que Tasman puidese localizar un novo e inexplorado continente con fins comerciais.
 
Para facer isto, entre 1642 e 1643, navegou por primeira vez, partindo do porto de [[Iacarta]] (antes coñecido como Batavia) o [[14 de agosto]] de [[1642]], con dous pequenos [[barco]]s chamados "Heemskerck" e "Zeehaen" (galo do mar), primeiro ata a illa [[Mauricio]] (onde permaneceu por dous meses), e logo con rumbo este, máis aló das [[latitude]]s que foran exploradas polos holandeses.