Kim Ki-duk: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Todesfuge (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 6:
Kim naceu en Bonghwa, na provincia de [[Gyengsang do Norte]], no seno dunha familia rural. Transladados a [[Seúl]] cando tiña 9 anos, educouse para traballar na [[agricultura]], pero abandonou a súa formación para traballar como obreiro fabril ós 17 anos. Alistouse na infantería de mariña do exército surcoreano con 20 anos, e prestou servizo como suboficial ata os 25. Despois dedicouse á [[pintura]] —unha afición que tiña desde cativo—, gañándose a vida como acólito nun templo [[budismo|budista]].
 
Foi en París onde acodiuacudiu por primeira vez ó cine. Entre as primeiras películas que viu estaban ''[[The Silence of the Lambs]]'', de [[Jonathan Demme]], e ''[[Les Amants du Pont-Neuf]]'', de [[Leos Carax]], que lle causaron unha grangrande impresión. De regreso ó seu país, a súa recén descuberta afición levouno a presentarse a varios concursos de guiónguións. En 1993 obtivo o premio maior do Instituto Nacional do Guión de Corea do Sur por ''Un pintor e un criminal condenado a morte''. En 1994 logrou a terceira praza do concurso organizado polo Consello Coreano de Cine (KOFIC) con ''Doble exposición'', e ó ano seguinte o premio maior do KOFIC por ''Cruce imprudente''. Aínda que ningún destes guións se chegou a rodar, o seu éxito permitiulle obter un contrato con Joyoung Films para rodar ''Ag-o'' (악어), a brutal historia dun grupo de persoas sen fogar que viven baixo unha ponte sobrevivindo a forza de astucia e violencia. ''Ag-o'' anticipou a conxunción de fotografía delicada e trama brutal que caracterizaría á obra subseguinte de Kim. Obtivo pouco éxito coa prensa local, pero conseguiu unha praza no [[Festival Internacional de Cine de Pusan]], onde se proxectou na sección ''Panorama Coreano''.
 
O festival de Pusan foi un dos principais puntos de exhibición de Kim nos anos seguintes. O seu primeiro guión transformouse en ''Yasaeng dongmul bohoguyeog'' (야생동물 보호구역), rodada en 1996 nas rúas de París, que se exhibiu no Festival Internacional de Vancouver. En 1998 ''Paran daemun'' (파란대문) elaborouse sobre outro guión premiado por KOFIC e tivo máis exposición internacional, proxectándose na [[Berlinale]] e no [[Festival de Cine de Karlovy Vary]]; un cambio rotundo no estilo fílmico do autor, un híbrido entre melodrama adolescente e denuncia social, ambientado nunha pequena cidade portuaria onde unha moza prostituta é o único sustento da familia que mantén o pequeno hostal onde leva ós seus clientes. A relación agridoce entre a filla da familia empobrecida e a prostituta é un dos puntos centrais do film, evocado logo noutras obras do autor.