Anastasio Somoza Debayle: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m Eliminouse a referencia ó ficheiro '''Colonel_Anastasio_Somoza,_Jr..jpg''' que foi borrado en Commons por Infrogmation. Motivo: [[commons:COM:FS|Missing essential information: source, license
Liña 1:
[[Ficheiro:Colonel Anastasio Somoza, Jr..jpg|thumb|right|Anastasio Somoza Debayle]]'''Anastasio Somoza Debayle''' (León, [[Nicaragua]], [[5 de decembro]], [[1925]] — Asunción, [[Paraguai]], [[17 de setembro]], [[1980]], político nicaragüense. Foi presidente de Nicaragua entre [[1967]] e [[1972]], e entre [[1974]] e [[1979]]. Como xefe da [[Garda Nacional]], mantivo o poder efectivo durante o periodo intermedio. Foi o último membro da familia Somoza que exerceu o poder, tras o seu pai e o seu irmán, unha dinastía de ditadores que comezou en 1934.
 
Anastasio Somoza Debayle foi o terceiro fillo de [[Anastasio Somoza García]] (chamado "Tacho"), que se convirteu en Presidente de Nicaragua en 1936, e de [[Salvadora Debayle de Somoza]]. Sendo o máis xove dos Somoza foi educado en [[Florida]] e [[Long Island]] antes de graduarse na Academia Militar de [[West Point]] en [[1946]]. Ao ano seguinte, foi nomeado polo seu pai xefe da Garda Nacional, que era o ente represivo e de sostén do réxime somocista. En decembro de 1950 casa por conveniencia coa súa prima [[Hope Portocarrero Debayle]], con quen tivo cinco fillos: '''Anastasio''', Carolina, Roberto, Carla e Xulio.