Confederación Alemá do Norte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 37:
 
== Historia ==
A Federación entrou na historia logo de que Prusia derrotara a Austria e ao resto dos estados da Confederación Xermánica na [[Guerra das Sete Semanas]] de [[1866]]. Bismarck redactou a constitución que entrou en vigor o [[1 de xullo]] de [[1867]]. Nesta constitución declarábase Presidente ao [[Rei de [[Prusia]] e a Bismarck como Chanceler. Os estados estaban representados no Bundesrat (Congreso Federal) con 43 escanos (dos cales 17 eran prusianos). Para as eleccións ao [[Reichstag]], Bismarck introduciu en Alemaña o sufraxio masculino. O Bundesrat converteuse no Parlamento do Zollverein en [[1867]], intentando crear unha proximidade maior cos estados meridionais, permitíndolles enviar representantes ao Bundesrat.
 
Logo da derrota francesa na Guerra Franco-Prusiana en [[1871]], [[Baviera]], [[Württemberg]], [[Baden]] e o Gran Ducado de [[Hesse]] (que orixinariamente non eran membros da Federación), se agruparon coa Federación para formar o [[Imperio Alemán]], con [[Guillerme I de Alemaña|Guillerme I]] como ''Káiser'' ou Emperador Alemán.