Diferenzas entre revisións de «Confederación Alemá do Norte»

sen resumo de edición
m
|gobernante1 = [[Otto von Bismarck]]
}}
A '''Federación Alemá do Norte''' (en [[Lingua alemá|alemán]], ''Norddeutscher Bund'') tivo o seu inicio en 1867, logo da disolución da [[Confederación Xermánica]]. Formada por 22 [[estado]]s do norte de [[Alemaña]], foi un agrupamento transitorio, que durou só ata a proclamación do [[Imperio Alemán]] en [[1871]].
{{enuso}}
 
A diferenza da [[Confederación Xermánica]], a Federación Alemá do Norte foi un verdadeiro estado. O seu territorio estaba comprendido polas partes da Confederación Xermánica que se atopaban ao norte do [[Río Main|Main]]; os territorios orientais de [[Prusia]] e o Ducado de [[Schleswig]], mais excluía a [[Austria]], [[Baviera]], [[Württemberg]], [[Baden]] e os territorios meridionais do Gran Ducado de [[Hesse]]. Con todo, consolidou o poder prusiano no norte de Alemaña, e puxo os cimentos do control prusiano sobre o sur, grazas á ''[[Zollverein]]'' e a Tratados de Paz Secretos (asinados cos estados meridionais o día anterior á [[Paz de Praga]]).
 
Aínda que deixou de existir logo da creación do Imperio Alemán, foi a primeira pedra deste. A súa constitución daba grandes poderes ao novo Chanceler ([[Otto von Bismarck|Bismarck]]), quen foi designado pola Presidencia do Bundesrat. Isto foi así porque o chanceler era inmune ante o [[Reichstag]], o que lle permitiu ser a única ligazón entre o Presidente e o pobo porén, a constitución non era tan conservadora. O Chanceler retivo o poder sobre o aparello militar (logo da amarga experiencia da Crise Constitucional de [[1862]] en Prusia, que case devora a [[Guillerme I de Alemaña|Guillerme I]]). Porén, non se toleraba oposición algunha á Chancelaría: os civís que se opuxeran a Bismarck na década do [[1860]] tiñan prohibido exercer cargos públicos.
 
== Historia ==
A Federación entrou na historia logo de que Prusia derrotara a Austria e ao resto dos estados da Confederación Xermánica na [[Guerra das Sete Semanas]] de [[1866]]. Bismarck redactou a constitución que entrou en vigor o [[1 de xullo]] de [[1867]]. Nesta constitución declarábase Presidente ao [[Rei de Prusia]] e a Bismarck como Chanceler. Os estados estaban representados no Bundesrat (Congreso Federal) con 43 escanos (dos cales 17 eran prusianos). Para as eleccións ao [[Reichstag]], Bismarck introduciu en Alemaña o sufraxio masculino. O Bundesrat converteuse no Parlamento do Zollverein en [[1867]], intentando crear unha proximidade maior cos estados meridionais, permitíndolles enviar representantes ao Bundesrat.
 
Logo da derrota francesa na Guerra Franco-Prusiana en [[1871]], [[Baviera]], [[Württemberg]], [[Baden]] e o Gran Ducado de [[Hesse]] (que orixinariamente non eran membros da Federación), se agruparon coa Federación para formar o [[Imperio Alemán]], con [[Guillerme I de Alemaña|Guillerme I]] como ''Káiser'' ou Emperador Alemán.
 
=== Selos postais ===
Unha da funcións da Federación era manexar o correo e emitir [[selo postal|selos postais]], cousa que comezou a facer o [[1 de xaneiro]] de [[1868]]. Para adaptarse aos diferentes sistemas monetarios que se usaban nos diferentes estados, emitíronse series valoradas en ''groschens'' para os estados do norte, e outras valoradas en ''kreuzers'' para os estados do sur, distinguíndoas con sinais simples, as valoradas en Groschens tiñan o prezo encerrado nun cadrado; e as valoradas en Kreuzers, en círculos. Todas as estampas tiñan a inscrición "''Norddeutscher Postbezirk''" (en galego, "Distrito postal de Alemaña do Norte").
 
Ademais había estampas especiais dun cuarto de [[Chelín austríaco|Chelín]] para [[Hamburgo]], coa inscrición adicional "''Stadtpostbrief Hamburg''" (en galego, "Carta postal da Cidade de Hamburgo").
 
Pouco antes de [[1869]] os selos empezáronse a emitir perforados para facilitar a administración e contabilidade destes, perforando tamén os que foron emitidas anteriormente. A partir do [[1 de marzo]] do mesmo ano foron emitidas estampas valorizadas en 10 e 30 gramos de ouro, salientábeis por ser impresas en coiro de intestino de carneiro, para prever a súa reutilización.
 
O 1 de xaneiro de [[1872]] os selos da Federación foron substituídos polos primeiros selos do Imperio Alemán.
 
[[Categoría:Estados desaparecidos]]
53.140

edicións