Martin Heidegger: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Liña 33:
 
===Etapa existencialista===
En 1927 Heidegger publica a obra máis emblemática de todo o seu pensamento, ''[[Ser e tempo]]'' (''Sein und Zeit''), na que pon ó servizo da ontoloxía unha novedosa investigación da ''existencia'' humana. Posto que o ser humano (''Dasein'') é o único [[ente]] que suscita a cuestión sobre o sentido do ser en xeral (obxecto de estudio da ontoloxía) é necesario analizar, como paso previo á elaboración da ontoloxía, a súa estrutura ontolóxico-existencial do mesmo, que é anterior a calquera tese sobre a súa [[esencia]] (animal racional, ser espiritual, etc.). Establécese así unha distinción orixinaria entre o plano ontolóxico (existencia) e o plano óntico (esencia) do ser humano, de enorme influencia nos filósofos existencialistas ([[Jean-Paul Sartre|Sartre]], etc.). A raíz destes presupostos, e con axuda do método fenomenolóxico, Heidegger desenvolve en ''Ser e tempo'' unha ''[[analítica existencial]]'' tratando de desentrañar un ámbito [[Filosofía transcendental|transcendental]] (pre-conceptual, pre-óntico, pre-realista, pre-idealista, etc.) que actúa como a priori de toda existencia humana concreta.
 
Trátase dun ámbito que non pode ser explicado do mesmo xeito que fan as ciencias cos seus obxectos de estudio, nin as filosofías esencialistas cos seus argumentos [[lóxica |lóxicos]], senón que ten que ser comprendido a través de procesos similares, aínda que non idénticos, ós empregados na interpretación de textos ([[Hermenéutica]]).