'''Laguardia''' (en [[éuscaro]] '''Guardia''') é un municipio situado no sur da [[provincia de Álava]], a 64 km da capital [[Vitoria]], que pertence á comunidade autónoma do [[País Vasco]]. Está situado na comarca de [[A Rioxa Alavesa]].
Áchase nun altozano e está rodeada por unha muralla que mandou levantar o rei [[Sancho VII de Navarra|Sancho o Forte de Navarra]]. Aínda se conservan cinco portas de acceso á cidade. Os seus nome son: Mercadal, Carnicerías, Páganos, San Juan, e Santa Engracia. As súas rúas e recunchos conservan un gran sabor [[Idade Media|medieval]]. A súa economía está baseada na industria do viño, con elaboración propia e numerosas adegas.