Destilación fraccionada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
m elimino as imaxes
Liña 23:
 
Utilízase moito na [[industria]], non só para mesturas simples de dous compoñentes (como alcohol e auga nos produtos de [[fermentación]], ou [[osíxeno]] e [[nitróxeno]] no aire líquido), senón tamén para mesturas máis complexas como as que se encontran no [[alcatrán]] de [[hulla]] e no [[petróleo]].
[[Ficheiro:Destilacion fraccionada 2.gif]]
 
A columna fraccionadora que se emprega con máis frecuencia é a chamada torre de burbulleo, na que as placas están dispostas horizontalmente, separadas uns centímetros, e os vapores ascendentes soben por unhas [[cápsula]]s de burbulleo a cada placa, onde burbullean a través do líquido. As placas están escalonadas de xeito que o líquido flúe de esquerda a dereita nunha placa, logo cae a placa de abaixo e alí flúe de dereita a esquerda. A [[interacción]] entre o líquido e o vapor pode ser incompleta debido a que pode producirse espuma e arrastre de forma que parte do líquido sexa transportado polo vapor cara á placa superior. Neste caso, poden ser necesarias cinco placas para facer o traballo de catro placas teóricas, que realizan catro destilacións. Un equivalente barato da torre de burbulleo é a chamada columna apilada, na que o líquido flúe cara abaixo sobre unha pila de aneis de lama ou anaquiños de tubaxe de vidro.