Diferenzas entre revisións de «Epidemioloxía»

m
sen resumo de edición
m
m
A '''epidemioloxía''' é a disciplina científica que estuda a distribución, frecuencia, determinantes, relacións, predicións e control dos factores relacionados coa [[saúde]] e [[enfermidade]] en poboacións humanas. A epidemioloxía ocupa un lugar especial na intersección entre as [[Biomedicina|ciencias biomédicas]] e as [[ciencias sociais]] e aplica os métodos e principios destas ciencias ao estudo da saúde e a enfermidade en poboacións humanas determinadas. Porén, existe tamén unha epidemioloxía [[veterinaria]] e tamén podería falarse dunha epidemioloxía [[Zooloxía|zoolóxica]] e [[botánica]], esta última ntimamente relacionada coa [[ecoloxía]].
 
A epidemioloxía considérase unha ciencia básica da [[medicina preventiva]] e unha fonte de información para a formulación de políticas de saúde pública. A epidemioloxía estuda, sobre todo, a relación causa-efecto entre exposición e enfermidade. As enfermidades non se producen de forma aleatoria; teñen causas, moitas delas sociais, evitábeis. Xa que logo, moitas enfermidades poderían previrse se se coñecesen as súas causas. Os [[método]]s epidemiolóxicos foron cruciais para identificar numerosos factores etiolóxicos que asemade xustificaron a formulación de políticas sanitarias encamiñadas á [[prevención]] de enfermidades, lesións e [[mortesmorte]]s prematuras.
 
A epidemioloxía xurdiu do estudo das epidemias de enfermidades [[Infección|infecciosas]]; de aí o seu nome. Xa no [[século XX]] os estudos epidemiolóxicos se estenderon ás enfermidades e problemas de saúde en xeral, analizados mediante diversos métodos, entre os cales os da [[demografía]] e a [[estatística]] son especialmente relevantes.
44.554

edicións