Caracalla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
{{FormatoWiki}}
[[Ficheiro:Caracalla bust.jpg|thumbnail|200px|Busto de Caracalla]]
'''Marcus Aurelius Antoninus Basianus''' (Lugdunum, [[4 de abril]] de [[186]] - [[8 de abril]] de [[217]]), fillo do entón gobernador da [[Galia]] [[Septimio Severo]], naceu en ''Lugdunum'' ([[Lión]]) no ano [[186]]. O seu nome de '''Caracalla''' fai referencia a unha capa de orixe gala que usaba decote e co alcume pasou á historia.
 
Moi novo, sendo un neno, foi designado [[césar]] como herdeiro do trono do seu pai e no ano [[211]] é correxente con el ao ser nomeado ''[[augustus]]''. No ano 202 casou con [[Plautila]], filla do prefecto dos pretorianos [[Plautiano]]. Pouco despois acompañou o seu pai nunha visita a [[Leptis Magna]], de onde procedía a súa familia. As discrepancias matrimoniais foron medrando e seique fixeron que Plautiano argallase rematar coa súa vida. Chamado ao pazo imperial, foi asasinado por Caracalla diante do emperador [[Septimio Severo]] e os seus fillos, Plautila e [[Plaucio]] foron desterrados ás [[illas Lipari]]. É a primeira manifestación do seu carácter e o selo que marcaría o tempo que estivo á fronte do [[Imperio Romano|Imperio]].Pouco despois escomezan a se manifestar as discrepancias co seu irman [[Xeta]], nomeado correxente polo seu pai. Entre os anos [[208]] e [[211]] estivo en [[Britania]] loitando canda o seu pai, onde falece.