Eclesioloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "A '''eclesioloxía''' é a parte da teoloxía cristiá que adica o seu estudo ó papel que desempeña a Igrexa coma unha comunidade ou entidade orgánica, e …"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 28 de abril de 2009 ás 18:37

A eclesioloxía é a parte da teoloxía cristiá que adica o seu estudo ó papel que desempeña a Igrexa coma unha comunidade ou entidade orgánica, e á comprensión do que "Igrexa" significa: o seu papel na salvación, a súa orixe, a súa relación co Xesucristo histórico, a súa disciplina, o seu destino (ver Escatoloxía cristiá) e o seu liderado. É, polo tanto, o estudo da Igrexa como algo en si mesmo, e do auto-coñecemento da misión e papel da Igrexa.

Alén de describir un amplo campo da teoloxía, o termo "eclesioloxía" pode usarse no contexto específico dunha igrexa particular ou denominación. Este é o sentido do termo en frases como "Eclesioloxía católica romana", "Eclesioloxía luterana" e "Eclesioloxía ecuménica".