Diferenzas entre revisións de «Círculo polar ártico»

sen resumo de edición
m (bot Engadido: sk:Severný polárny kruh)
[[Ficheiro:World map with arctic circle.jpg|thumb|350px|Mapamundi co Círculo polar ártico marcado en vermello]]
O '''Círculo Polar Artico''' é a liña imaxinaria correspondente ao [[paralelo]] 66° 33’ 39" [[norte]], a liña que delimita a rexión á volta do [[polo Norte]] da [[Terra]] en que se pode observar o [[sol da media noite]]. É un dos cinco paralelos principais terrestres e delimita a zona ártica, ao norte, coa zona temperada norte, ao seu sur.
 
== Verán e inverno. Solsticios ==
[[Ficheiro:summer_solstice_n.jpg|thumb|250px|O círculo polar ártico no solsticio de verán boreal]]
O círculo ártico delimita o extremo sur do [[día solar]] do [[solsticio]] de verán e a noite solar do solsticio de inverno. No círculo ártico o [[Sol]] non se pon durante 24 horas no día do solsticio de verán. No solsticio de inverno o Sol non sae durante 24 horas.
 
== Movemento do círculo polar ártico ==
<p><center>[[Ficheiro:Ecliptica diagrama.png|framed|center|''Eclíptica e inclinación do eixe de rotación da Terra respecto a ela.'']]</center>
[[Ficheiro:Earth obliquity range.jpg|thumb|left|Nutación da [[Terra]].]]
 
A posición do círculo polar ártico está determinado pola inclinación do [[eixo da terra|eixo de rotación da terra]] con respecto á [[eclíptica]]. O ángulo non é constante, senón que ten un movemento complexo determinado por moitos ciclos de períodos desde curtos a moi longos.
 
A [[nutación]] (do latín ''nutare'', cabecear ou oscilar) é o nome polo que se coñece a oscilación periódica do polo da Terra arredor da súa posición media na esfera celeste, debido á influencia da [[Lúa]] sobre o planeta, similar ao movemento dunha [[buxaina]] cando perde forza e está a piques de caer. A nutación fai que os polos da Terra se despracen uns nove segundos de arco cada 18,6 anos. Por iso, debido á nutación, a inclinación oscila máis de 9" (uns 280 [[metro]]s na superficie) nese período.
 
O ciclo de maior duración ten un período de 41.000 anos e unha amplitude de 0,68º, ou 76 quilómetros na superficie. Actualmente a inclinación está decrecendo en 0,47" por ano, polo que o círculo polar ártico estase desprazando cara o norte uns 15 metros por ano.
 
[[Ficheiro:Precesion.png|thumb|Ángulo de precesión]]
Tamén inflúe a [[precesión]]: o movemento de precesión, tamén denominado precesión dos equinoccios, é debido a que a Terra non é esférica senón un [[elipsoide]] achatado polos polos. Pódese considerar este movemento como un lento balanceo durante o movemento de translación pero en sentido contrario ás agullas do reloxo. Este balanceo produce que o eixo terrestre debuxe un cono de 47º de abertura con vértice no centro da Terra. Unha volta completa de precesión dura 25.767 anos, ciclo que se denomina [[ano platónico]] e cuxa duración fora estimada polos [[Antigos maias]].
 
== Poboacións árticas ==
[[Ficheiro:arctic.jpg|thumb|200px|left|A liña rubia indica a isoterma dos 10°C en xullo, usada comunmente para definir o límite da rexión Ártica]]
 
Aínda que a maior parte do círculo polar ártico está ocupado polo [[Océano Glacial Ártico]], existen zonas de terra habitadas. Algúns países cunha parte importante do seu territorio dentro do círculo polar ártico son:
 
** [[Rusia]]
** [[Canadá]]
** [[Dinamarca]] ([[Grenlandia]])
** [[Estados Unidos de América]] ([[Alasca]])
** [[Noruega]]
** [[Suecia]]
** [[Finlandia]]
 
[[Islandia]] tamén ten parte do seu territorio dentro do círculo polar ártico, pero menos de 1 km². Esta área está entre algunhas pequenas illas, das cales só unha, [[Grímsey]], atópase habitada.
 
Debido a que só se estudaron fragmentos do Ártico, con rompexeos ou submarinos nucleares, diversos países están organizando novas expedicións cartográficas para reclamar o maior territorio posible.
 
==Véxase tamén==
*[[Trópico de Cáncer]]
*[[Trópico de Capricornio]]
 
==Ligazóns externas ==
*[http://www.bugbog.com/images/maps/arctic_circle_map.jpg Mapa topográfico do círculo polar ártico, centrado no polo norte]
*[http://www.world-maps.co.uk/maps/600-arctic.jpg Mapa do círculo polar ártico (liña de puntos), mostrando as principais poboacións]
 
[[Categoría:Xeografía]]
Usuario anónimo