Basílica do Sacré Cœur: Diferenzas entre revisións

Basílica e monumento de París
Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
Nova páxina: "thumb|right|180px|Vista do Sacré-Coeur dende abaixo A '''Basílica do Sacré-Cœur''' (en francés ''Basilique du Sacré-Cœur'') …"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 22 de abril de 2009 ás 19:17

A Basílica do Sacré-Cœur (en francés Basilique du Sacré-Cœur) é un edificio de París (Francia), situado no alto do outeiro de Montmartre.

Vista do Sacré-Coeur dende abaixo

Trátase dunha basílica adicada ao Sagrado Corazón de Jesús (en francés, Sacré Cœur de Jésus). Inicialmente foi concibida como un monumento público para render homenaxe á memoria dos numerosos cidadáns franceses que perderan a vida durante a Guerra franco-prusiana e para expiar os pecados cometidos pola comuna. Foi o arquitecto Paul Abadie quen gañou o concurso para a súa construción.

A primeira pedra colocouse en 1875, e aínda que se completou en 1914, non se consagrou ata o fin da Primeira Guerra Mundial, en 1919. A igrexa foi construída coa participación directa do goberno da Terceira República, para celebrar así o comezo dun novo réxime, cuxas leis constitucionais foron votadas ese mesmo ano.

Aínda que moi controvertido, é un dos monumentos máis visitados de París. A basílica ten forma de cruz grega, adornada con catro cúpulas: o domo central, de 80 m de altura, está tocado por unha linterna, formada por unha columnata. No ábside, unha inmensa torre cadrada fai as veces de campanario que garda, entre outras, La Savoyarde, unha campá de 3 m de diámetro e máis de 26 t de peso, ofrecida pola diócese de Chambéry. A cripta posúe a mesma disposición cá igrexa, e é unha das curiosidades da basílica.

A arquitectura da basílica inspírase na arquitectura romana e bizantina e influíu noutros edificios relixiosos do século XX, por exemplo a basílica de Sainte-Thérèse de Lisieux. É posible acceder á basílica tomando o funicular de Montmartre.

Ligazóns externas