Xurado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
O xurado é un mecanismo das [[Administración de Xustiza|Administracións de Xustiza]] para involucrar ós cidadáns na toma de decisións dun Tribunal. Habitualmente, ós xurados correspóndelles dictamina-la culpabilidade ou inocencia do ou dos acusados, aínda que en certos sistemas tamén se lles atribúe a potestade sobre a pena correspondente ó reo.
 
En Europa existen tres sistemas de xurado: o puro ou anglosaxón; un sistema de xurado mixto, implantado en [[Austria]] e [[Bélxica]]; e o escabinado, ou tribunal de xuíces e legos, en países do noso entorno como [[Francia]], [[Alemaña]], [[Grecia]] e [[Portugal]].
 
Liña 20 ⟶ 21:
== Sistema español ==
 
A Lei Orgánica do Tribunal do Xurado de 1995 reintrodúceo en [[España]], en cumprimento do mandato do artigo 125 da [[Constitución Española|Constitución]], casi 20 anos despois de promulgarse ésta. É un sistema anglosaxón reformado no que nove cidadáns votan sobre os feitos. Pero han de facelo a través dunha resolución motivada, respondendo ás cuestións que plantexa o maxistrado-presidente. Despois, na votación sobre a culpabilidade, requirense sete votos para establecer a culpabilidade e cinco para a inculpabilidade.
 
 
Liña 26 ⟶ 27:
 
O sector conservador do [[Consello Xeral do Poder Xudicial]] propuxo que cando tras un segundo xuízo con xurado non se chegue a un veredito, en vez de ditarse sentenza absolutoria como establece o artigo 65 da lei, que se celebre un novo xuízo por un tribunal de maxistrados profesionais. Os defensores do actual modelo opinan que unha absolución, despois de dous xuízos nos que non se obteñen sete votos de culpabilidade nin cinco de inocencia, non supon un "fracaso" do xurado, senón que é plenamente coherente coa institución: "A imposibilidade do veredito de culpabilidade é un veredito en sí mesmo", alegan.
 
[[Category:Dereito]]