Praza do Paraíso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rocastelo (conversa | contribucións)
m antiga praza de Compostela
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 26 de febreiro de 2006 ás 18:18

A Praza do Paraíso era unha praza medieval de Santiago de Compostela, que se localizaba entre San Martiño Pinario e a porta norte da Catedral de Santiago de Compostela á que servía de adro.
A praza descríbese no Códice Calixtino como un lugar empedrado no que se xuntaban habitualmente os comerciantes e artesáns da cidade. Unha fonte no medio da praza, construída en 1122, servía para que se bañasen os peregrinos antes de entrar na catedral.