Orde de Cluny: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rocastelo (conversa | contribucións)
m Unha das principais ordes relixiosas da Idade Media
 
Rocastelo (conversa | contribucións)
Península Ibérica
Liña 1:
A '''Orde de Cluny''' é unha orde bieita da [[Igrexa Católica]] que se creou o [[11 de setembro]] de [[909]] logo que [[Guillerme I de Aquitania]] doará a vila de [[Cluny]] ao papado para fundar un [[abadía de Cluny|mosteiro]] de doce freires, segundo a carta de fundación eran eles os que debían elixir ao [[abade]]. En Cluny adoptouse a regra de [[Bieito de Nursia|San Bieito]], reformada por [[Bieito de Aniane]], que buscaba a observancia dunha vida espiritual intensa de cada monxe individual e que daba moita importancia á liturxia. Berno foi o primeiro abade e á súa morte no ano 927 substituiuno Odón e o prestixio da abadía esténdese por outros mosteiros franceses que adoptan a súa regra. No [[século XII]] entre 1.400 e 2.000 mosteiros, dende [[Polonia]] ata [[Inglaterra]], rexianse pola regra cluniacense e aceptaban a autoridade do abade de Cluny. Entre [[1088]] e [[1124]] os papas pertenceron á Orde.<br>
A orde entrou na [[Península Ibérica]] no [[século XI]] por medio de doazóns de [[Sancho III O Maior]] de mosteiros no trazado do [[Camiño de Santiago]], política que continuaron outros reis e señores peninsulares. En [[Galicia]] o nobre Iñigo Vermúdez doou o mosteiro de San Salvador de Vilafrío á orde no ano 1075.