Xosé Ramón Brea Rei: Diferenzas entre revisións

escritor e investigador galego
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "'''Xosé Ramón Brea Rei''' naceu en Taragoña (Rianxo) no ano 1955 e por matrimonio veu residir a Bexo, é Diplomado en Maxisterio e Licenciado en Filoloxía Hispán…"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 17 de abril de 2009 ás 21:32

Xosé Ramón Brea Rei naceu en Taragoña (Rianxo) no ano 1955 e por matrimonio veu residir a Bexo, é Diplomado en Maxisterio e Licenciado en Filoloxía Hispánica. Dentro da investigación destacan os seus traballos sobre Rafael Dieste e outras figuras rianxeiras como o poeta Xosé María Brea Segade e o autor dramático Xosé Otero; ademais publicou o libro, Un reiseñor canta lonxe: Xosé María Brea Segade. O home e a obra. Colaborador nos xornais La Voz de Galicia e o Correo Galego, conferenciante e participante en charlas –coloquio e mesas redondas sobre literatura galega, autor de artigos históricos e literarios sobre os concellos de Dodro e Rianxo, así como colaborador habitual de publicacións de ámbito local Brea Rei é membro fundador da Tertulia Rianxeira e da Asociación Cultural Galicia Viva e redactor da revista electrónica Galiciaviva.org.