Historia de Kinshasa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "A rexión do Pool Malebo (antes Stanley Pool) foi dende antigo un importante lugar de intercambio comercial entre o alto Congo e a costa. Sinala o punto a partires do cal o [[río Co…"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 17 de abril de 2009 ás 01:06

A rexión do Pool Malebo (antes Stanley Pool) foi dende antigo un importante lugar de intercambio comercial entre o alto Congo e a costa. Sinala o punto a partires do cal o río Congo é navegable augas arriba cara a selva e impracticable (polas cataratas Livingstone) augas abaixo cara a sua foz no Atlántico.

Mapa da rexión de Kinshasa e do Estanque Stanley no s. XIX. Xa poden identificarse Kintambo, Lemba, Kallina (actual Gombe) e a comuna de Kinshasa; pode verse igualmente Kindolo.

Por todo iso as tribus Teké (Humbu e Mfinu) que a habitaban asentáronse nas suas beiras en varias aldeas-mercado.

Así, cando Henry M. Stanley chegou en 1878 ao lugar na sua travesía de Africa dende o leste existían xa na beira sur, xusto antes das cataratas, Nshasa (Kinshasa, 3000h), Ntambo (Kintambo, 5000h) e Lemba (capital política humbu, 300h).

Stanley, co permiso dos indíxenas, decidíu establecer alí en 1881 un posto comercial, concretamente xunto a Kintambo, na baía de Engulema, que chamou Leopoldville polo rey belga Leopoldo para quen facía a expedición.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.